Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rutas urbanas animadas 2025-26

Percorridos a pé pola cidade co obxectivo de que a coñezan mentres adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

Horario:

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e saída no autobús):

  • Sesión 1: de 10.00 a 11.20 horas
  • Sesión 2: de 11.30 a 12.50 horas

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.

Rutas que se ofertan

Ruta 2 e 3 anos. Espertando os sentidos (parque de Santa Margarida-contorna Casa das Ciencias)

  • Temática: unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza.
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística.
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo ao pé da Casa das Ciencias. Entrada ao parque pola rúa Padre Sarmiento.

Ruta 4 anos. Historias de María Pita (praza de María Pita )

  • Temática: un espazo histórico-cultural no que poder revivir e recrear o feito histórico da batalla de María Pita .
  • Competencias: social e cidadá. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco. (pendente de confirmar segundo a evolución das obras)

Ruta 5 anos. Un museo ao aire libre (xardíns Méndez Núñez-zona monumento Curros Enríquez)

  • Temática: un espazo dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
  • Competencias: Cultural e artística. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo nos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano), á beira do Copacabana (pendente de confirmar segundo a evolución das obras)

Ruta 1º EP. Habitantes dos xardíns (xardíns Méndez Núñez-zona reloxo floral)

  • Temática: coñecer as personalidades ás que se lles rende homenaxe nestes xardíns. Nunha segunda parte da ruta un druída descubriralles a apócema da amizade a través do recoñecemento dalgunha das especies arbóreas que están presentes nos xardíns.
  • Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo na zona do reloxo floral dos xardíns de Méndez Núñez (pendente de confirmar segundo a planificación das obras)

Ruta 2º EP. Tesouros de María Pita (praza de María Pita )

  • Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
  • Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco (pendente de confirmar segun a evolución das obras)

Condicións do programa

  • Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O número máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase e un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
  • Os buses recollerán no centro os escolares e o profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán a esperar no espazo onde se desenvolve a ruta.
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas supere os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

  • Envío do calendario provisional: 30 de xaneiro (modificacións ata o 9 de febreiro inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 20 de febreiro.
  • Inicio de actividade: 9 de marzo.

Entidade colaboradora

Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15001 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 09/03/2026 ata o 29/04/2026

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/08/2025 ata o 15/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Federación de ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 18 42 00 ext. 22012 e 22013

rutas@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext. 10127

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

O alumnado de EP recibirá un caderno pequeno de actividades

Recursos humanos:

Cada grupo de 15 escolares irá acompañado dun/dunha educador/a, ademais do seu profesorado

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión