O proxecto "Sementando Participación" ten como obxectivo xerar un proceso de participación infantil na área metropolitana da Coruña. Está dirixido ao alumnado e profesorado de 5.º e 6.º de EP. Consistirá nun obradoiro de formación pra o profesorado e cinco obradoiros de 50 minutos co alumnado. Cada un pecharase cun evento final con todo o alumnado participante.
Esta proposta ofrécese para traballar de maneira presencial nas aulas ou a distancia, a través de sesións en liña. Tamén se poderá implementar de forma mixta, intercalando sesións presenciais con sesións de traballo a distancia.
Só da Coruña
Participación
Outras, Complementaria
Público, Concertado
Alumnado e profesorado de 5.º e 6.º dos CEIP da Coruña
Formación do profesorado: 4 h nun día ou 2 h en dous días. Formarase un só grupo con todo o profesorado participante. Desenvolverase pola semana.
Formación do alumnado: 5 sesións de 50 minutos para cada grupo e un acto final conxunto de todo o alumnado.
Gratuíto
Condicións do programa
Este programa está dirixido a todo o alumnado de 5.º e 6.º de EP; é recomendable que participen todas as liñas.
É condición indispensable que interveña no proxecto cando menos un profesor ou unha profesora por grupo.
Dende o 15/10/2020 ata o 31/12/2020
Xa rematou
Dende o 05/10/2020 ata o 23/10/2020
Inscrición dos centros
Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica
Do 5 ao 23 de outubro de 2020, ambos incluídos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible