Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semente 2020-21

Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º a 6.º de EP e alumnado de EE de centros educativos do concello

Obxecto:

O obxectivo xeral do Programa Semente é difundir a cultura da economía social e actitude emprendedora entre o alumnado de primaria e de educación especial.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

  • Desenvolvemento de capacidades emprendedoras
  • Conexión entre a escola e a empresa
  • Impulsar o coñecemento do comercio xusto e da economía social
  • Realizar unha aprendizaxe transversal nun contexto creativo e lúdico
  • Adquirir hábitos de comportamento autónomo en relación co traballo e orientados a relacións interpersoais
  • Coñecer as normas de funcionamento grupais

Este programa reproduce situacións reais no proceso de constitución dunha cooperativa e as súas actividades posteriores. Para iso fabrícanse produtos e realízase unha venda "real" ao final do curso.

O alumnado destina unha parte dos beneficios obtidos na venda a doazóns a entidades benéficas, o cal tamén redunda en espertar un sentido solidario, e o resto dedícao a realizar unha actividade conxunta cos seus compañeiros/as.

O proxecto favorece o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre os nenos e nenas (capacidade creativa, motivación, comunicación, negociación, toma de decisións, planificación, ...), traballando ao mesmo tempo materias transversais: cálculo, lingua, plástica...

Condicións do programa

O programa adáptase ao horario escolar e ás necesidades de cada centro.

Contidos

Fase I.- Formación do alumnado: 5 módulos de formación sobre cooperativismo e 4 talleres prácticos para a elaboración dos produtos.

Fase II.- Realización do Mercado

Metodoloxía

O proxecto consiste na impartición de módulos, por parte de docentes expertos en cooperativismo, sobre o que é unha cooperativa, a súa constitución e o desenvolvemento da súa actividade. Para a elaboración dos produtos o alumnado recibe formación de apoio (talleres prácticos).

As cooperativas participantes solicitan e obteñen no mes de abril a Licenza de venda nun acto protocolario no Salón de Plenos do Concello.

Para finalizar o alumnado vende os produtos elaborados no Mercado Semente.

Cando:

Dende o 14/10/2020 ata o 06/06/2021

Outubro: período de información ao profesorado, coordinación e organización dos módulos

Outubro - maio: desenvolvemento da formación (cooperativismo e elaboración de produtos)

Abril: acto de entrega das licenzas de venda

Finais de maio / principios de xuño: Mercado Semente

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 10/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Servizo de Emprego e Empresa

empresa@coruna.es

/empresa/gl

Documentos:

Bases-Semente-2020-21.pdf (205 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión