Os seminarios de motivación para a procura de emprego son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxectivo de posibilitar que o alumnado do municipio dispoña da información e do asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.
Só da Coruña
Empleo
Complementaria
Público
Alumnado de FP e EE de centros públicos do Concello.
O servizo ofrecido é unificado, global e accesible, pensado e deseñado especialmente para a poboación obxectivo. Ofrece a esta poboación información que permita superar o desfasamento e, por tanto, corrixa o descoñecemento existente en como optimizar a incorporación á vida laboral.
Condicións do programa
O horario será solicitado polo centro de ensino. Será aprobado polo Servizo Municipal de Emprego segundo as necesidades horarias do mesmo.
A duración de cada seminario será de 2 horas.
O alumnado será dun mínimo de 15 e un máximo de 25. O centro procurará que os grupos sexan o máis homoxéneos posibles e que se organicen preferentemente por especialidades.
O centro educativo encargarase de:
Dende o 02/11/2026 ata o 18/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 30/11/2026
Servizo Municipal de Emprego
Sede: Estrada dos Fortes 16 / Simón Bolívar, 16. Os Rosales (15011)
Ana Colino
Tel. 981 184 399
Fax: 981 184 398
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible