A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes o vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.
De calquera concello
Cultura
Complementaria
Alumnado de EP, ESO, Bachillerao e FP de centros docentes de ensino non universitario.
Cada espectáculo terá dúas sesións diarias de martes a venres, ás 10:00 horas e 11:45 horas.
A duración media será de 50-55 minutos.
Complementaria
O alumnado deberá abonar o importe das entradas para cada un dos Concertos Didácticos aos que asistan:
O profesorado acompañante de cada grupo terá entrada gratuíta.
É imprescindible que se especifique o número de alumnos e profesores asistentes ao concerto.
Unha vez adxudicadas as prazas aos centros educativos indicarase o prazo no que se realizará o abono de entradas mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta. En caso de non abonarse o importe das entradas na data establecida, as prazas adxudicaranse a outros centros e grupos en lista de espera.
Unha vez efectuado o pago das entradas non se devolverá o importe das mesmas. Só efectuarase en caso de anulación do espectáculo por parte da OSG.
As prazas para cada concerto didáctico son estritamente as que se solicitaron e pagaron. En caso de asistir con máis alumnos das prazas adxudicadas non se permitirá o acceso dos mesmos. En caso de asistir ao concerto con menor número de alumnos das prazas adxudicadas e abonadas non se efectuará a devolución do importe desas prazas.
Para lograr con éxito todas estas formulacións é necesario implicar a tres colectivos:
Durante o concerto, tanto os músicos como o presentador están a ofrecer pautas de formación musical cara ao público, pero, é tamén certo que o aproveitamento destas pautas vai depender do traballo que delas póidase facer previa e/ou posteriormente na aula.
Condicións do programa
CONCERTOS:
1. A VIAXE DE WALT: 28 Ao 30 DE XANEIRO DE 2026, AUDITORIO DO PALACIO DA ÓPERA DA CORUÑA
CICLO EDUCATIVO: TODOS Os CICLOS DE ENSINO PRIMARIO
2. As CORES DAS CORDAS: DE O3 Ao 6 E 10 Ao 13 DE FEBREIRO DE 2026, LUGAR A DETERMINAR
INTÉRPRETES: GRUPO ARCOS IRIS
CICLO EDUCATIVO: EDUCACIÓN INFANTIL
3. LÚA (MUSICAL DE CON ESTRENO A OSG): DO 23 Ao 27 DE MARZO DE 2026, NO AUDITORIO DO PALACIO DA ÓPERA DA CORUÑA
CICLO EDUCATIVO: TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E BACHARELATO
HORARIOS DAS FUNCIÓNS ESCOLARES: 10.00 E 11.45H
Adxudicación
Desenvolvemento do programa
Dende o 28/01/2026 ata o 27/03/2026
Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025
Inscrición centros: a través da páxina web da OSG, na ligazón seguinte:
Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico.
Rúa Riazor, 8, 1º. 15004. A Coruña.
Tel. 981 25 20 21
Fax: 981 27 74 99
Todos os concertos didácticos apóianse nunha guía didáctica para o profesorado, elaboradas por un equipo de especialistas en educación musical.
Nas guías didácticas recóllese a información do concerto: programa musical, temática, formación musical, información dos compositores e autores das obras para interpretar, así como diversas propostas didácticas que complementan a asistencia ao concerto para poder preparar o mesmo previamente na aula e complementalo posteriormente.
As guías didácticas non se editarán en papel; con todo, remitiranse por correo electrónico con antelación ao concerto adxudicado aos centros participantes e estarán colgadas na web www.sonfuturo.com. Rógase aos coordinadores de cada centro estean atentos ás súas direccións electrónicas e á páxina web.
Consorcio para a Promoción da Música
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible