Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son futuro: ensaios xerais abertos 2025-2026

O alumnado de ESO e Bacharelato asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se celebran o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Os ensaios xerais abertos están ofertados para o alumnado de ESO e bacharelato.

Prazas limitadas: máximo de 500 alumnos/as.

Horario:

Os ensaios levará a cabo ás 10:00 horas.

Dado que esta actividade encádrase dentro da actividade profesional habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, o horario de inicio da actividade pódese ver atrasado en función das necesidades musicais da agrupación.

A duración estimada destes ensaios é de 60 minutos.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Condicións do programa

ENSAIOS ABERTOS CONCERTOS OSG

Ver caendario no Documento adxunto"SON FUTURO: Programación didáctica 2025/2026"

Adxudicación

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Sevicio Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicarase aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos, así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez empezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

Desenvolvemento do programa

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico enviado ao Departamento Didáctico da OSG), antes do 6 de novembro, da presenza ou ausencia a cada un dos ensaios adxudicados.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as do inicio do espectáculo, polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos con, polo menos, 15 minutos de antelación.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

Cando:

Dende o 06/11/2025 ata o 30/04/2026

De 6 de novembro de 2025 a 30 de abril de 2026 .

Ver caendario no Documento adxunto" SON FUTURO: Programación didáctica 2025/2026"

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Inscrición centros: a través da páxina web www.sonfuturo.com, na ligazón https://forms.gle/qogHyxfA1XC74pA98

Contacto:

Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico.

Rúa Riazor, 8, 1º. 15004. A Coruña.

Tel. 981 25 20 21

Fax: 981 27 74 99

didacticos@sinfonicadegalicia.com

Organiza:

Consorcio para a Promoción da Música

Máis información:

Documentos:

SON FUTURO: Programación didáctica 2025/2026 (68 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión