Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son futuro: ensaios xerais abertos 2026-27

O alumnado de ESO e Bacharelato asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que teñen lugar o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Os ensaios xerais abertos están ofertados para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Prazas limitadas: máximo de 500 alumnos/as.

Horario:

Os ensaios levaranse a cabo ás 10.00 horas.

Xa que esta actividade está encadrada dentro da actividade profesional habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, o horario de inicio da actividade pódese ver atrasado en función das necesidades musicais da agrupación.

A duración estimada destes ensaios é de 60 minutos.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Datas e horarios dos ensaios abertos para o curso 2026/27

21/01/2027 - 10.00 h.

  • HECTOR BERLIOZ - Sinfonía fantástica, op. 14
  • LIO KUOKMAN, director

11/02/2027 - 10.00 h.

  • MIJAÍL GLINKA - Ruslan e Ludmila: abertura
  • PIOTR ILICH CHAIKOVSKI - Concerto para piano n.º 1 en si bemol maior, op. 23
  • KEVIN CHEN, piano
  • PAOLO BORTOLAMEOLLI, director

18/03/2027 - 10.00 h.

  • L. V. BEETHOVEN - Romanza nº 1 en sol maior, op. 40 e Sinfonía nº 1 en do maior, op.21
  • MASSIMO SPADANO, concertino e director

01/04/2027 - 10.00 h.

  • F. MENDELSSOHN - As Hébridas, op. 26 e Concerto para violín no mi menor, op. 64
  • ALEXANDRA CONUNOVA, violín
  • KARL-HEINZ STEFFENS, director

29/04/2027 - 10.00 h.

  • A. DVORAK - Otelo: Abertura, op.93
  • C. SAINT SAËNS - Concerto para piano n.º 5 en fa maior, op. 103 "Exipcio"
  • ALEXANDER SHISHKIN, piano
  • ROBERTO GONZÁLEZ MONJAS, director

07/05/2027 - 10.00 h.

  • J. WILLIAMS - Olympic Fanfare and Theme
  • E.W. KORNGOLD - Concerto para violín en re maior, op.35
  • CLARA-JUMI KANG, violín
  • ROBERTO GONZÁLEZ MONJAS, director

Adxudicación

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Sevicio Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG, tendo en conta a limitación de capacidade.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicarase a distribución aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos, así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez empezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

Desenvolvemento do programa

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico enviado ao Departamento Didáctico da OSG), antes do 6 de novembro, da presenza ou ausencia a cada un dos ensaios adxudicados.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicarlle a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as do inicio do espectáculo, polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos con, polo menos, 15 minutos de antelación.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

Cando:

Dende o 21/01/2027 ata o 07/05/2027

As datas e horarios dos ensaios abertos para o curso 2026/27 publicaranse na páxina web sonfuturo.com

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 16/10/2026

Os centros educativos interesados en participar poderán presentar a súa solicitude desde o 15 de setembro ata o 16 de outubro ás 13.00 h., cubrindo o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJdHxlKMcssnUs6uvw0BIuiDT5qUxzUBsb-EslmfKeXNtZkw/viewform

Contacto:

Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico.

Rúa Riazor, 8, 1º. 15004. A Coruña.

Tel. 981 25 20 21

Fax: 981 27 74 99

didacticos@sinfonicadegalicia.com

Organiza:

Consorcio para a Promoción da Música

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión