Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sustentabilidade no fogar 2025-26

Programa de Educación Ambiental que promove a sustentabilidade no fogar, fomentando hábitos responsables no uso da auga, a enerxía e os recursos na vida cotiá.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Fomentar hábitos de consumo responsable e sustentable no fogar.
  • Sensibilizar sobre o aforro e a eficiencia no uso de auga, enerxía e materiais.
  • Impulsar a corresponsabilidade ambiental desde accións cotiás.
  • Conectar as decisións persoais co seu impacto na sustentabilidade global.

A través dun enfoque práctico e próximo, este programa ensina a optimizar o consumo, reducir os residuos e adoptar un estilo de vida máis consciente. As actividades e materiais están deseñados para mostrar como pequenos xestos no ámbito doméstico poden minimizar o impacto ambiental e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida. Deste xeito, refórzase o compromiso cidadán cun modelo de desenvolvemento máis xusto, equilibrado e sustentable.

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: Sustentabilidade no fogar: o que facemos conta (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): Sustentabilidade en casa: o que facemos conta.
  • Taller (1 hora): campaña de sensibilización: #ModoSostenibleON.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita a un Mercado Municipal.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión