Un percorrido pola historia da música militar.
O alumnado cruzará as portas do Cuartel de Atocha para participar en "Tambores de aventura" da man da Comandante Xefa de Operacións Sonoras.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Privado, Público, Concertado
Alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.
Gratuíto
Esta actividade lúdica e formativa leva os nenos e nenas a percorrer a historia da música militar ao mesmo tempo que aprenden a diferenciar instrumentos, a recoñecer os ritmos, as melodías e os tempos, a identificar diferentes xéneros, a descubrir os diferentes usos que se lle dá á música no contexto militar e, mesmo, un pouco da súa historia, como o seu paso ás verbenas populares.
O profesorado e alumnado disporá dunha guía didáctica para ampliar os contidos e traballalos na aula.
Condicións do programa
Adxudicación
Unha vez pechado o prazo de inscrición organizaranse os grupos nas distintas sesións. A distribución comunicarase aos centros e a información será publicada na web.
Dende o 11/11/2026 ata o 19/02/2027
A actividade levarase a cabo os días 11, 12 e 13 de novembro e 17, 18 e 19 de febreiro, con dúas sesións diarias, ás 10.00 e ás 11.30 horas.
Cada concerto terá unha duración de 50 minutos.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Servizo Municipal de Educación
Acuartelamento de Atocha. Avda. del Metrosidero 7. 15001 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible