Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público: programación de teatro para centros escolares 2021-22

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.

No presente curso 2021/2022 e debido á incerteza xerada pola evolución da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata decembro de 2021, realízase unha nova proposta para a primavera de 2022.

Os espectáculos dirixidos a educación infantil e educación primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h; e os dirixidos a educación secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 20.30 h, excepto "Feirantes", "Pantasmas familiares" e "Historias de arrepíos".

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH e FP

Prezo / Custo:

Prezo da entrada por alumna/o: 2,00 € para o alumnado de educación infantil e educación primaria e 3,00 € para o alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP e gratuíta para o profesorado acompañante.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN:

En cada sesión asistirán só grupos dun mesmo centro escolar, de grupos ou ciclos "burbulla", polo que, é aconsellable inscribir o maior número de grupos posibles nunha mesma función.

• A capacidade máxima será a que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

• Cada grupo só poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2021/2022. Os grupos que xa asistiron no outono non poderán inscribirse na convocatoria de primavera.

• Cada grupo deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro.

• A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.

• En función das características do espectáculo e do nivel dos escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

• Prezo do billete de entrada por alumna/o: 2,00 € para o alumnado de educación infantil e educación primaria e 3,00 € para o alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP; e gratuíta para o profesorado acompañante.

INSCRICIÓN E VENDA DE ENTRADAS:

A través da ficha de solicitude específica "TAQUILLA DO IMCE: TODO PÚBLICO"

CALENDARIO DE INSCRICIÓN:

Espectáculos para PRIMAVERA 2022:

1. Para os centros do municipio: a partir do luns 17 de xaneiro;

2. Para os centros doutros municipios: a partir do xoves 20 de xaneiro de 2022.

Espectáculos outono 2021:

1. Para os centros do municipio: a partir do luns 20 de setembro

2. Para os centros doutros municipios: a partir do luns 27 de setembro.

NOVOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

- A adxudicación farase espectáculo por espectáculo, en función da capacidade vixente e comunicarase por correo electrónico a cada centro educativo.

- As prazas iranse adxudicando por cada espectáculo tendo en conta a orde de solicitude e que nº total de prazas solicitadas e a capacidade vixente estean o máis axustadas posible, de maneira que quede o menor número de prazas non ocupadas.

- Se houber máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha listaxe de espera para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de centros.

RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS:

1. As entradas deben ser retiradas e aboadas, no prazo comprendido entre a data da comunicación da adxudicación e os 3 días antes do espectáculo, segundo o calendario que aparece a continuación.

2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaranse as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de agarda.

3. As entradas recolleranse no despacho de billetes do Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297). Recoméndase o aboamento mediante tarxeta de crédito.

4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.

5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións, a condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao termo da función. No caso de que fosen abonadas con cartón de crédito terá que presentala.

6. A factura será enviada ao centro escolar posteriormente á sesión.

PROGRAMACIÓN PRIMAVERA 2022:

LUGAR: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano.

(máis información nos documentos adxuntos)

  1. TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 e 5 anos) e EDUCACIÓN PRIMARIA

Espectáculo

Compañía

Nivel educativo

Datas

Horario

Duración

Data tope de aboamento

ÚNIKO

Teatro Paraíso

(País Vasco)

1º, 2º,3º e 4º EP

10 e 11 de febreiro de 2022

10.00 e 12.00 h

55 min

07/02/2022

FEIRANTES

Teatro do Noroeste (Galicia)

5º e 6º EP

3 e 4 de marzo de 2022

10.00 e 12.00 h e 10.00h

50 min

25/02/2022

NINGURES

Teatro ao Cubo

(Galicia)

1º e 2º EP

31 de marzo e 1 de abril de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

28/03/2022

QUIXOTE

Pedras de Cartón

(Galicia)

3º,4º,5º e 6º EP

5 e 6 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

02/05/2022

CON LA CABEZA EN LAS NUBES

Eugenia Manzanera

(C. de Madrid)

EI, 1º e 2º EP

19 e 20 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

16/05/2022

CRIS, PEQUEÑA VALIENTE

El espejo negro (Andalucía)

3º, 4º, 5º e 6º EP

26 e 27 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

65 min

23/05/2022

TIC TAC, EL HÉROE DEL TIEMPO

Omar Álvarez

(Arxentina)

EI, 1º e 2º EP

2 e 3 de xuño de 2022

10.00 e 12.00 h

45 min

30/05/2022

  1. TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Espectáculo

Compañía

Nivel

Datas

Horario

Duración

Data tope de aboamento

EL LIBRO DEL BUEN AMOR

Teatro Guirigay

(C. de Estremadura)

3º ESO, Bacharelato e FP

04/02/2022

11.30 h

60 min.

01/02/2022

FEIRANTES

Teatro do Noroeste (Galicia)

ESO

04/03/2022

12.00 h

50 min

25/02/2022

AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA

Chévere (Galicia)

2º ciclo ESO, Bto, e FP

11/03/2022

11.30 h

75 min. + coloquio *

08/03/2022

LÁZARO

Leamok

(C. Valenciana)

2º ciclo ESO, Bto e FP

08/04/2022

11.30 h

60 min.

05/04/2022

AS ALUMNAS

Culturactiva (Galicia)

2º ciclo ESO, Bto. e FP

22/04/2022

11.30 h

70 min.

19/04/2022

PANTASMAS FAMILIARES

Quico Cadaval

(Galicia)

2º ciclo ESO e FP

28/04/2022

11.30 h

60 min.

25/04/2022

HISTORIAS DE ARREPÍOS

Paula Carballeira

(Galicia)

1º ciclo ESO e FP

29/04/2022

11.30 h

50 min.

26/04/2022

* O COLOQUIO será conducido por Pablo Meira, profesor da USC de Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade.(45 min. aprox.)

Cando:

Dende o 20/09/2021 ata o 04/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/01/2022 ata o 11/03/2022

Inscrición para os centros

A través da Ficha de inscrición xeral e a Ficha de solicitude específica "DESPACHO DE BILLETES DO IMCE: TODO PÚBLICO".

Para acceder ás fichas poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" no teléfono 981 902 327 ou educoruna@balidea.com .

Contacto:

AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña

COORDINACIÓN DO PROGRAMA

"Todo público: Teatro para centros escolares": Ana Judel Prieto e Montse García

forum@coruna.es

Tel.: 981 184 297

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Sede: Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

Tel.: 981 184 233

imce@coruna.es

Requisitos:

MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 NO AUDITORIO DO FÓRUM

Fronte á pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar transcorra en condicións óptimas de seguridade, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas todas as medidas hixiénico-sanitarias previstas na lexislación vixente.

Medidas que foron adaptadas expresamente para o programa escolar:

- En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar.

- A capacidade máxima será a que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento. Na capacidade non se inclúen as entradas do profesorado.

- Os grupos escolares estarán separados pola distancia de seguridade que estipule a lexislación vixente.

- Realizarase a limpeza, desinfección e ventilación do auditorio antes e despois de cada función.

- Instalaranse puntos de hixiene dotados con dispensador de xel hidroalcohólico, papeleira con tapa e pedal e alfombra desinfectante á entrada do auditorio.

- Todo o persoal de produción (control de entrada, acomodadores/as, xefa de sala, persoal técnico e de limpeza) levará en todo momento máscara, con excepción dos/as artistas durante o tempo de execución do espectáculo.

NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO POLOS CENTROS E GRUPOS DE ESOLARES

- Por parte dos centros escolares, esperamos que actúen con responsabilidade e eviten enviar aos espectáculos os grupos no caso de calquera mínima sospeita de enfermidade e que o profesorado lle comunique previamente ao alumnado as normas para seguir e actúe con responsabilidade.

- Non asistir a esta actividade con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.

- Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.

- É obrigatorio utilizar a máscara (excepto nos supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio, e durante o espectáculo.

- Lavar as mans con xel hidroalcohólico e limpar os pés na alfombra desinfectante antes de entrar no auditorio.

- Usar os aseos só en caso de extrema necesidade.

- Seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.

Estas normas poderán variar en función das medidas que podan ditar as autoridades sanitarias en función do desenvolvemento da pandemia por COVID-19 na nosa cidade ou na comunidade autónoma.

Organiza:

IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Enderezo:

Rúa Río Monelos 1. 15006

Documentos:

Programa de espectáculos para educación infantil e educación primaria (6 MB)

Programa de espectáculos para educación secundaria (5 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión