O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.
De calquera concello
IMCE
Complementaria
Alumnado de EI (5 anos) - EP - ESO - BACH
Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.
Achegar as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
• O 16 de setembro abrirase o prazo para que se poidan inscribir na oferta de outono 2025. Posteriormente serán informados do prazo de inscrición para a tempada de primavera 2026.
• Agradecemos que cada grupo se inscriba nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción a inscribirse nalgunha das funcións.
• Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.
• Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.
• A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 5 anos.
• A capacidade máxima será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado); ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.
En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.
ADXUDICACIÓN:
RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS
1. As entradas deben ser retiradas e aboadas no prazo que consta no calendario que aparece a continuación.
2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de espera.
3. As entradas recolleranse no Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297).
O pago poderase realizar en efectivo ou con tarxeta.
4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas, se quedan prazas vacantes.
5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións (sobre a reserva feita polo centro nun primeiro momento), coa condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao termo da función, no Fórum. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.
6. A factura seralle enviada ao centro escolar unha vez realizada a función.
PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FÓRUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO
1) Vimos todos/as a divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala.
Debemos seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.
2) A hora destacada na entrada é a hora de inicio da función polo que os grupos deberían estar en Fórum polo menos 10 ou 15 minutos antes do inicio da dita función.
3) Agradécese puntualidade.
4) Agradécese que a entrada e saída do edificio se fagan en orde e no maior silencio posible, para lles evitar molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Fórum.
5) Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.
6) Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.
7) Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.
8) Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Se queren unha foto de grupo, poderán sacala ao termo da función, despois do previo aviso á xefa de sala.
9) Non está permitido comer nin beber no auditorio.
PROGRAMACIÓN
Lugar: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano.
TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA
|
Compañía |
Nivel educativo |
Datas |
Horario |
Duración |
Data tope de aboamento |
Capacidade |
|
|
Gabinete Mirabilia |
Pablo Sánchez (Galicia) |
EI (5 anos) - 1º ciclo EP |
3 de outubro de 2025 |
10.00 e 12.00 h |
50 min |
29 de setembro de 2025 |
100 EI 150 EP |
|
A nena que vivía nunha caixa de mistos |
Caramuxo Teatro (Galicia) |
EI (5 anos) - 1º ciclo EP |
14 de novembro de 2025 |
10.00 e 12.00 h |
45 min |
10 de novembro de 2025 |
100 EI 150 EP |
|
Trogloditas |
Tanxarina (Galicia) |
2º e 3º ciclo EP |
21 de novembro de 2025 |
10.00 e 12.00 h |
50 min |
17 de novembro de 2025 |
250 |
|
Historia dunha nena namorada do mar |
O Sol de Outono (Galicia) |
2º e 3º ciclo EP |
5 de decembro de 2025 |
10.00 e 12.00 h |
45 min |
1 de decembro de 2025 |
290 |
|
Frida |
A Cova das Letras (Galicia) |
EI (5 anos) - 1º ciclo EP |
12 de decembro de 2025 |
10.00 e 12.00 h |
50 min |
9 de decembro de 2025 |
100 EI 150 EP |
TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA - BACHARELATO
|
Espectáculo |
Compañía |
Nivel educativo |
Datas |
Horario |
Duración |
Data tope de aboamento |
Capacidade |
|
Las preciosas ridículas |
Arroz con Costra Producciones (Alacante) |
ESO - Bach |
24 de outubro de 2025 |
11.30 h |
70 min |
20 de outubro de 2025 |
290 |
|
O escaparate |
Salidas de emergencia (Galicia) |
ESO - Bach |
28 de novembro de 2025 |
11.30 h |
75 min |
24 de novembro de 2025 |
290 |
A inscrición ábrese para centros do municipio o 16 de setembro de 2025 ás 9.00 h e o 18 de setembro para centros de fóra do municipio
Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025
AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO
R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña
COORDINACIÓN DO PROGRAMA
"Todo público: Teatro para centros escolares": María Dores Pardo Pallas
T: 981 184 297
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Sede: Casa Paredes. Avda. dá Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña
Tel. 981 184 233
imce@coruna.gal
IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos e Servizo Municipal de Educación
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
TODO PÚBLICO Outono 2025 - info para folleto EI - EP (928 KB)
TODO PÚBLICO Outono 2025 - info para folleto ESO - Bach (673 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible