O Torneo de xadrez escolar "pequenos xigantes", organizado polo Concello da Coruña, é unha idea orixinal da Fundación Recuperación Materiais Diversos (RMD) e da Asociación Chess4aBetterWorld.
O torneo ten como un dos seus obxectivos transmitir os valores de respecto e coidado do medio ambiente. Por este motivo, o final do torneo levarase a cabo sobre un taboleiro de xadrez xigante realizado mediante a reciclaxe de 50 pneumáticos fóra de uso.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado de educación primaria (de 6 a 12 anos) de colexios públicos, concertados e privados da cidade (pódense mesturar nenas e nenos de diferentes clases e grupos dentro dun mesmo centro de ensino).
9.15 horas: presentación formal e entrega dos kits (*) a nenas e nenos.
(*)Os nenos e nenas participantes terán de agasallo un kit de mochila, cantimplora, camiseta, gorra e un lapis infinito).
10.00 horas: inicio da rolda 1
10.40 horas: inicio da rolda 2
11.20 horas: inicio da rolda 3
12.00 horas: inicio da rolda 4
12.40 horas: inicio da rolda 5
13.20 horas: inicio da rolda 6
Tras a rolda 6, pausa para comer ata as 16.00 horas (*)
(*) O Servizo Municipal de Educación entregaralles ás e aos menores participantes bocadillos, auga e froita ou iogures para que poidan comer. Con todo, as familias, se así o desexan, poderán recoller as/os menores na hora da comida e entregalas/os de novo para continuar co xogo. A hora de recollida será sobre as 14.00 horas e de volta ao xogo ás 15.45 horas. Unha vez inscritos/as, realizarase unha comunicación cos colexios para dar as instrucións oportunas a respecto diso.
16.00 horas: inicio da rolda 7
16.40 horas: inicio dos cuartos de final + 1.ª rolda de clasificación (postos do 9 ao 32)
17.20 horas: inicio de semifinais + clasificación de postos do 5 ao 8 + 2.ª rolda de clasificación de postos do 9 ao 32.
Tras as semifinais, realizarase un sorteo para todas as persoas asistentes (máximo de 500 papeletas, que se entregarán entre o público asistente e os/as menores participantes).
18.00 horas: inicio da final
19.00 horas: entrega de premios
19.30 horas: fin do evento
O torneo, promovido polo Concello da Coruña, é unha idea orixinal da Fundación RMD e da Asociación Chess4aBetterWorld.
Ten como un dos seus obxectivos transmitir os valores de respecto e coidado do Medio Ambiente e utiliza como vehículo para iso un taboleiro de xadrez xigante realizado mediante a reciclaxe de 50 pneumáticos fóra de uso. E un exemplo de economía circular e de que é posible converter un residuo en algo bonito e funcional outorgándolle unha nova vida.
Outros dos obxectivos do torneo é a mellora, a través do xadrez, do desenvolvemento educativo e persoal dos/as participantes. A formación e o deporte para a mellora das súas competencias cognitivas e sociais.
O compañeirismo, o xogo en equipo, a competitividade e a representación de cada colexio e da súa identidade no torneo son tamén obxectivos do torneo.
Por último, os 4 equipos que cheguen á semifinal poderán participar nun torneo a nivel nacional en representación da cidade da Coruña.
Persoas compoñentes de cada equipo
Entre 3 e 6 nenos e nenas, acompañados dunha persoa adulta responsable.
As partidas xogaranas un máximo de 4 xogadores/as á vez por cada equipo e terán que se pór de acordo para realizar os movementos. Trátase dun xogo colaborativo.
Método de xogo
Todas as partidas se disputarán polo sistema de "rápidas", é dicir, cunha duración máxima de 30 minutos. Cada equipo terá un máximo de 10 minutos + 3 segundos de incremento por movemento.
Os cuartos, a semifinal e a final xogaranse polo sistema Armagedón: 11 + 3 brancas e 9 + 3 negras.
O tempo será controlado por un reloxo situado nunha mesa á beira de cada taboleiro, que será accionado pola xogadora ou xogador que realizará o movemento.
Se un equipo esgota o tempo antes do final da partida, terá perdida a partida.
Aínda que se disporá de árbitros, o control das partidas farase de forma consensuada polas persoas responsables de cada equipo, facilitando o fair play.
Cada xogada acordarase entre os/as 4 xogadores/as de cada equipo, sendo e só será exectuada por un/unha de forma alternativa. É dicir, cada xogada será realizada por unha xogradora ou xogador distinto, que irá rotando.
Peza tocada, peza movida
Os/as xogadores/as deberán permanecer fóra do taboleiro ata que realicen os movementos da peza; só se permitirá a entrada no taboleiro do/a xogador/a que vaia mover a peza.
Os/as nenos/as xogan sos, de tal forma que as persoas acompañantes non poden intervir no xogo.
O/a árbitro/a ten a obriga de informar as persoas participantes sobre o regulamento do xogo cando se lle pregunte.
Nas fase previa, só se permiten 3 xogadas ilegais completadas. O equipo que realice unha cuarta xogada ilegal completada perderá a partida.
Na fase final, as xogadas ilegais completadas redúcense a 2. Perderase a partida á terceira xogada ilegal.
O comezo e final de cada partida comunicarase por megafonía cun sinal acústico e irase informando do tempo restante polo mesmo medio.
A cor das pezas sortearase ao principio da partida.
A vitoria outorga 4 puntos, as táboas 2 puntos e a derrota 1 punto.
No caso de empate, resolverase polo resultado do enfrontamento directo entre os 2 equipos. Se fose de táboas, resolverase a favor da xogadora ou xogador que xogou con pezas negras.
No caso de triplo empate, actuarase igual. No caso de que persista, realizarase un torneo lóstrego, con partidas de 5 minutos.
Fases do xogo
1.ª Liga previa de equipos: todos os equipos
2.ª Cuartos de final: 8 equipos
3.ª Semifinal: 4 equipos
4.ª Final: 2 equipos
A única partida que se xogará sobre o MegXadrez (xadrez xigante) é a final, que é a única na que só xogarán 2 equipos.
Esta fase xogarase mediante o sistema Armagedón, no que as brancas están obrigadas a gañar, pero con 2 minutos máis de tempo que as negras. É dicir, pasamos de 10+3 (tempo da fase clasificatoria) a 12+3 para as pezas brancas. No caso de empate, a vitoria sería para as pezas negras.
Agasallos
Cada participante recibirá de agasallo, por participar no xogo, un kit de benvida e algunha sorpresa máis.
Os 4 equipos finalistas recibirán unha medalla para cada participante e un trofeo para todo o equipo.
Inscricións en datas por determinar, a través do correo electrónico educacion@coruna.gal, en que se indique:
O evento pode albergar un máximo de 32 equipos, formados por entre 3 e 6 nenos/as cada un.
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200
educacion@coruna.gal
Fundación Recuperación Materiais Diversos (RMD)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible