O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Museos científicos, Educación
Outras, Complementaria
Público, Concertado
Centros educativos públicos e concertados con sede na cidade da Coruña e área metropolitana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos.
Os grupos poderán contar con entre 2 e 4 participantes, que só poderán inscribirse nun grupo. Todos os grupos deberán ser mixtos para fomentar os principios de igualdade na ciencia que defende este concurso. Non se admitirá máis dun proxecto por grupo.
Un profesor ou profesora das materias relacionadas liderará o grupo ou grupos participantes e responsabilizarase do alumnado que os integra. O persoal docente designado por cada centro servirá de ligazón co persoal municipal responsable do programa.
Poderán participar un mínimo de 10 e un máximo de 40 grupos. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro; de tal maneira que, se se superan as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
O Concello correrá cos gastos en concepto de material fungible que estean relacionados co proxecto para desenvolver, ata un máximo de 150,00 € por grupo participante.
* Se considera material fungible o material de oficina, fotocopias, aluguer de material informático ou audiovisual, compra de material non inventariable para levar a cabo a investigación, etc.
Gratuíto
O programa proporcionará apoio aos centros participantes mediante un asesoramento por especialista na materia, e ofrecerá premios incentivadores que priman as mellores iniciativas tanto do alumnado participante como dos centros educativos.
Para realizar a valoración dos proxectos presentados e seleccionar aos gañadores o concello contará coa colaboración de persoas expertas en educación e comunicación científica e persoas novas con experiencias en actividades científicas.
Temática
Libre
Esta edición de Imaxina é unha oportunidade para que os estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais á vez que achegan solucións creativas a algún dos maiores desafíos do noso tempo. Coa súa participación, os mozos non só aprenderán sobre a ciencia, senón que tamén se comprometerán activamente na construción dun futuro máis sustentable e xusto para todos.
Desenvolvemento
O concurso distribúese nas seguintes fases que van do mes de outubro de 2025 ao mes de abril de 2026.
Fase I. - Preparación do proxecto: de outubro de 2025 a marzo de 2026.
Fase II. - Presentación da memoria final
O prazo de presentación da memoria final terminará o 18 de marzo de 2026 debendo entregarse en formato PDF a través do correo electrónico imaxina@coruna.gal.
A memoria debe ser orixinal, en galego, inédita e innovadora e conter:
Fase III. - Valoración da memoria
Fase IV. - Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña". Data prevista: o sábado 18 de abril de 2026 (por confirmar) , na Domus.
O xurado levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, para o que actuará de secretario un/a técnico/a de o SME.
Premios
a) Premios para os proxectos
Os premios virán establecidos en función de distintas categorías:
Para cada unha das categorías deste concurso establécese como premio a invitación a participar ou visitar unha feira científica estatal, incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes (máximo 5 acodes/grupo, incluído o docente). Para esta edición a feira elixida é:
Os grupos premiados que vaian participar na devandita feira científica deberán de adaptarse as normas de participación establecidas nela.
b) Premio ao centro educativo
Ademais, cada centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3 categorías sinaladas recibirá un cheque regalo por importe de 500,00 euros para gastar nun establecemento comercial da cidade da súa elección.
Este importe deberá destinarse para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
c) Mención especial
A xuízo do Xurado poderase conceder unha mención especial, en función do carácter singular dalgún dos proxectos presentados polos grupos participantes.
Establécese como premio un cheque regalo para o centro educativo por importe de 300,00 euros, para gastar nun establecemento comercial da cidade, a elección do centro, a condición de que ese establecemento estea conforme.
Este importe deberá destinarse para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
d) Premio aos vídeos dos proxectos
Os grupos participantes teñen a posibilidade de presentar, de maneira opcional, un vídeo-relato expositivo do seu proxecto, optando así a conseguir o premio a mellor vídeo.
As características do vídeo deberán ser as seguintes: duración máxima de 2 minutos; formato horizontal; resolución mínima de 720p e peso máximo de 50M.
Os vídeos estarán dispoñibles para a súa visualización na canle de YouTube de Educación, desde o luns 23 de marzo ás 12:00 horas e ata o venres 10 de abril ás 23:59 horas.
Contabilizaranse gustar "" e as reproducións dos vídeos para determinar o vídeo gañador. En caso de empate recorrerase á "porcentaxe de rentención" de cada vídeo.
O grupo gañador será premiado cun estabilizador.
Dende o 22/10/2025 ata o 18/04/2026
Dende o 16/09/2025 ata o 30/10/2025
Servizo de Educación e Servizo de Museos Científicos
Organiza:
Servizo Municipal de Educación. Tel. 981 184 200 ext. 10179
Servizo de Museos Científicos. Tel: 981 189 844 ext. 20075
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible