Programa de educación ambiental dirixido a sensibilizar o alumnado no coidado da súa contorna máis próxima.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
EI (5.º e 6.º), EP (1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º), ESO (1.º), BACH, e EE
Áreas de interese: "Ciencias da Natureza", "Ciencias Sociais" e "Valores Sociais e Cívicos" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" en ESO, "Bioloxía" en BACH
As cidades e a contorna urbana son ecosistemas nos que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, no que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubrir as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que a cidadanía comprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.
ESTRUTURA
Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.
Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.
981903834
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible