Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vexo, vexo: biodiversidade e espazos verdes 2026-27

Programa de educación ambiental que pon en valor a biodiversidade e os beneficios dos espazos verdes urbanos, promovendo o seu coidado e conservación, con especial atención aos ENILes (Espazos Naturais de Interese Local) municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE dos centros da cidade.

Prezo / Custo:

As actividades do programa son GRATUÍTAS.

* No caso das saídas que requiran desprazamento en autobús, a contratación e o custo do servizo correrán a cargo do centro

Obxecto:

  • Adquirir conciencia e sensibilización para o coidado da contorna máis próxima.
  • Ofrecer unha diversidade de experiencias e comprensión do medio que nos rodea, así como un contacto directo co mesmo.
  • Recoñecer a importancia que adquiren os "espazos verdes" na planificación urbana.
  • Coñecer as solucións baseadas na natureza como o futuro da planificación sostible.

As cidades e a contorna urbana son ecosistemas nos que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, no que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubrir as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que a cidadanía comprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

ESTRUTURA

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: un espazo único: a lagoa de Eirís (4º, 5º e 6º de EI)

  • Charla interactiva (1 hora): un espazo único: a lagoa de Eirís.
  • Taller (1 hora): gran póster da biodiversidade da lagoa de Eirís.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): saída ao parque e a lagoa de Eirís.

Módulo 2: os segredos do parque de Santa Margarita (1º e 2º de EP; EE)

  • Charla interactiva (1 hora): os segredos do parque de Santa Margarita.
  • Taller (1 hora): a miña primeira guía de árbores.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): parque de Santa Margarita.

Módulo 3: desde o Monte e ENIL illas de San Pedro (3º e 4º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): desde o Monte e ENIL illas de San Pedro.
  • Taller (1 hora): unha xanela ao ENIL illas de San Pedro (creación dun diorama).
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): monte e ENIL illas de San Pedro.

Módulo 4: a vida do ENIL Torre de Hércules (5º e 6º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora)
  • Taller (1 hora)
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas)

Módulo 5: o noso espazo verde (EP)

  • Charla interactiva (1 hora): o noso espazo Verde.
  • Taller (1 hora): Fomento da biodiversidade: hotel de insectos para o colexio.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): campo de Marte, parque de Oza, xardíns de Méndez Núñez, xardíns de San Carlos, parque da Mestranza.

Módulo 6: anelamento científico de aves (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): anelamento científico de aves.
  • Taller - 1h: anelamento científico de aves (aspectos prácticos)
  • Saída, conclusións e reflexión (2 horas): ENIL Torre de Hércules, Cecebre ou outros (en función das datas do ano).

Cando:

Dende o 02/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Co fin de favorecer a participación do maior número posible de grupos, se as solicitudes superan a dispoñibilidade do programa, a asignación de actividades terá en conta o número de actividades solicitadas por cada grupo.

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2026/2027.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión