O programa "Visita o teu mercado" é unha actividade complementaria integrada no currículo, orientada a promover a alimentación saudable, o consumo responsable e o coñecemento da contorna próxima. Mediante unha metodoloxía activa e participativa, contribúe ao desenvolvemento de competencias clave fomentando habilidades, hábitos saudables e a participación responsable (CC3).
A actividade vincúlase especialmente con áreas como Ciencias sociais, Ciencias da natureza, Linguas e Educación en valores, co fin de favorecer unha aprendizaxe práctica e significativa. Articúlase en coordinación co traballo na aula, e garante a súa coherencia coa programación didáctica e a actividade lectiva.
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de 6.º curso de educación infantil (5 anos) e de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso de educación primaria
Alumnos/as por grupo (aproximado): 20-25 alumnos/as + 2 docentes
Elección de días: martes, mércores ou xoves non festivos en período escolar, en horario das 10.00 ás 13.00 horas.
As visitas terán unha duración aproximada de 2 horas (máis desprazamento).
Gratuíto
Este programa ten como finalidade fomentar no alumnado hábitos de alimentación saudable e dar a coñecer os mercados municipais como espazos de consumo responsable, sostible e de proximidade.
A través da experiencia práctica no mercado, preténdese:
Ademais, o programa busca ampliar o seu impacto máis alá da actividade e fomentar a implicación do alumnado e dos centros educativos mediante propostas complementarias que reforzan os contidos traballados:
En conxunto, trátase dunha proposta educativa que combina aprendizaxe, experiencia e participación, e que contribúe a unha educación en consumo responsable vinculada á contorna máis próxima.
O programa "Visita o teu mercado" ofrécelle ao alumnado desde 6.º de educación infantil ata 4.º curso de educación primaria a oportunidade de coñecer de primeira man os mercados municipais da Coruña a través dunha experiencia práctica, dinámica e participativa.
Ao longo da actividade, o alumnado descobre o funcionamento dos mercados e o seu papel como espazos de consumo responsable e de proximidade, á vez que adquire hábitos de alimentación saudables vinculados á súa vida cotiá.
A actividade desenvólvese nos mercados municipais da cidade (praza de Lugo, San Agustín, Elviña, Monte Alto e Durmideiras) e ten unha duración aproximada de 2 horas (máis o desprazamento).
En que consiste a actividade?
A sesión estrutúrase en tres partes:
1. Visita guiada polo mercado
O alumnado percorre os distintos postos (froitería, peixería, carnicería, panadería...) participando en xogos e dinámicas adaptadas á súa idade.
Durante a visita, aprenderán a:
2. Taller práctico
Tras a visita, realízase un taller dinámico e participativo.
Trabállanse aspectos como:
A aprendizaxe baséase en actividades lúdicas e manipulativas, adaptadas ao nivel educativo.
3. Degustación saudable
A actividade finaliza cunha pequena degustación de produtos do mercado:
Téñense en conta posibles alerxias e intolerancias para garantir a participación de todo o alumnado.
Actividades complementarias á visita (participación voluntaria)
O programa complétase cunha actividade complementaria baseada no Pasaporte do Mercado, na que os centros educativos poderán participar activamente dende a aula.
Cada alumno/a dos colexios partipantes nestas actividades complementarias recibirá un pasaporte que irá completando ao longo do curso mediante pequenas compras nos mercados municipais xunto á súa familia.
O funcionamento é sinxelo: o alumnado presenta en clase o tícket de compra e o profesorado verifica a adquisición e entrega un selo que se engadirá ao pasaporte. Deste xeito, o centro educativo actúa como eixe de seguimento da actividade, facilita a participación e reforza os contidos traballados.
Trátase dunha proposta fácil de integrar na dinámica da aula, que permite traballar de forma práctica aspectos como o consumo responsable, a importancia dos tíckets de compra ou o valor do comercio de proximidade. Os centros interesados recibirán toda a información necesaria e contarán con orientación e acompañamento en todo momento para o seu correcto desenvolvemento.
Participa co teu centro nesta iniciativa e motiva o teu alumnado para completar o seu Pasaporte do Mercado: os nenos e nenas que o entreguen completo participarán nun sorteo na súa aula, no que unha persoa gañadora por grupo recibirá un lote de produtos dos mercados municipais. Ademais, o centro educativo con maior número de pasaportes completos será recoñecido como o centro máis colaborador e recibirá un premio especial.
Animamos os centros educativos a participar nesta iniciativa, que permite reforzar os contidos traballados na actividade e fomentar a implicación do alumnado e as súas familias dunha forma lúdica e motivadora.
Participación no programa
Mercados participantes
As actividades realízanse nos mercados municipais de:
Asignarase mercado en función de dispoñibilidade, pero o centro pode indicar preferencia.
️Transporte
O desprazamento ao mercado realizarase preferentemente a pé, sempre que o centro educativo estea a unha distancia que permita un traxecto seguro e adecuado para o alumnado (aproximadamente ata 15 minutos), para fomentar hábitos de vida saudable.
Non obstante, os centros educativos poderán solicitar servizo de autobús, aínda que a súa concesión estará suxeita a autorización municipal e realizarase unicamente nos seguintes casos:
Nestes supostos, o transporte será organizado polo propio programa e sen custo para o centro educativo.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
As visitas desenvolveranse desde o 1 de outubro ata o último día do curso escolar, os martes, mércores ou xoves non festivos en período escolar en horario das 10.00 ás 13.00 h.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
A participación no programa está suxeita á dispoñibilidade de prazas. As sesións adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo previsto para cada curso escolar.
Unha vez presentada a solicitude, o centro educativo será contactado desde a OMIC para concretar:
A asignación realizarase en función da dispoñibilidade existente no momento da inscrición.
No caso de que a demanda supere a oferta, as solicitudes pasarán a listaxe de agarda. As solicitudes non atendidas non se trasladarán ao curso seguinte.
As visitas poderán ser reprogramadas por causas organizativas ou por incidencias alleas ao programa (condicións meteorolóxicas, incidencias loxísticas etc.) e informarase previamente o centro educativo.
OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras
Sede: Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Responsable da actividade: Lidia M.ª Blanco Iglesias (técnica de Consumo)
Tel.: 981 189 820
Antes de participar no programa, o centro educativo debe asegurarse de que o profesorado responsable coñece en detalle a actividade e as súas condicións.
É imprescindible garantir unha boa coordinación interna, especialmente cando a solicitude non a realiza directamente o/a titor/a do grupo.
O centro deberá comunicar previamente:
O alumnado estará en todo momento baixo a responsabilidade do profesorado acompañante, polo que se require unha supervisión activa e colaboración co persoal da actividade.
Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible