Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares 2025-26

El programa de visitas escolares ofrece la posibilidad de conocer diferentes espacios, empresas y entidades de la ciudad de A Coruña al alumnado de los centros educativos.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e especial, en función dos requisitos das visitas.

O número máximo de alumnado previsto polas entidades para cada visita non poderá superarse, salvo autorización expresa da entidade responsable.

Horario:

El horario lo establece cada entidad. En su mayoría rondan entre los 60 y 90 minutos de duración.

O programa de visitas escolares aglutina a un amplo número de entidades dá cidade e da súa contorna que ofertan a visita das súas instalacións polos centros educativos. Cada entidade indica as condicións das visitas no que se refire aos espazos para visitar, as persoas destinatarias, a xestión dos grupos, e os horarios.

Descrición do programa

  • Os centros non teñen que abonar entradas para acceder ás visitas.
  • Cada centro poderá solicitar unha única visita ou itinerario por grupo-clase.
  • Non se poderá solicitar a mesma visita ou percorrido para máis dun nivel por centro. Valoraranse as excepcións motivadas.
  • O Servizo Municipal de Educación (SME en diante) asigna as visitas (ver proceso de asignación) en base ás condicións que indica a empresa e tendo en conta as preferencias dos centros, sempre que sexa posible.
  • Unha vez que os centros teñen asignadas as datas definitivas deben de poñerse en contacto coa entidade (como máis tardar nas 48 horas anteriores a que se realice a actividade) para confirmar a visita e aclarar e/ou acordar calquera cuestión de interese.
  • A aplicación coa que xestionamos o programa envía aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada un das actividades.
  • O programa realízase do 12 de xaneiro ao 12 de xuño de 2026.
  • Importante: No caso de que o centro e a entidade acorden un cambio da data asignada como definitiva polo SME, teñen a obrigación de notificarllo ao departamento municipal para poder xestionar devandito cambio coa empresa de transporte. De non facelo, poden non cumprirse as condicións establecidas no programa, tales como dispoñer de transporte gratuíto para ese día.

Proceso de asignación das visitas

  • O prazo de solicitude das visitas ábrese desde o 16 de setembro ao 16 de outubro, os centros teñen que solicitalas a través da ficha de inscrición (ver apartado de inscrición de centros).
  • O SME adxudica provisionalmente as visitas e o 14 de novembro envía a través da aplicación do programa, tanto á dirección do centro como á da persoa rexistrada como coordinadora, un correo coas datas asignadas.
  • Os centros teñen ata o 21 de novembro para comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas, en caso de non facelo as datas provisionais enténdense que son adecuadas e pasarán a definitivas.
  • O SME asignará, na medida do posible, novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data de adxudicación provisional. Unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro, estas pasarán a definitivas.
  • O 5 de decembro enviaremos a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben de comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.
  • Nota: O programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta se procederá á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Servizo de transporte

  • O SME facilita o transporte para realizar as visitas asignadas ás Escolas infantís Municipais, os CEIP e os IES da cidade.
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario puiden axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio da visita.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso pódense exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante). En caso de levar cadeiras de rodas, o total de prazas verase reducido.
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente, para iso hai habilitado na aplicación un apartado específico.

Visitas e percorridos que se ofertan

A relación de visitas que se ofertan no programa son as que se enumeran a continuación. A descrición das características de cada unha delas están recollidas no arquivo que se inclúe no apartado de documentos relacionados.

  1. Alimentes, visita o teu Gadis
  2. Aluman: Fachadas e proxectos. Carpinteria de aluminio e madeira
  3. Arquivo do Reino de Galicia
  4. Biblioteca pública Miguel González Garcés
  5. Bombeiros
  6. Bonilla, a alimentación
  7. Castro de Elviña: percorrendo o Castro
  8. Cidade vella
  9. Coca-cola
  10. Coñece o bus urbano da túa cidade
  11. Cruz Vermella
  12. Fabricación de Eléctrodos de Grafito: Resonac
  13. Fundación Luís Seoane
  14. Gadisa: oficina de central loxística
  15. Instalacións da voz de Galicia
  16. Instituto de estudos locais Jose Cornide Saavedra
  17. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
  18. Museo de Arte Sacra
  19. Museo de Belas Artes
  20. Museo de Telecomunicacións
  21. Museo Histórico e Militar da Coruña
  22. Policía Nacional. Corpo Nacional de policía e Museo
  23. Porto da Coruña
  24. Rede Municipal de información xuvenil: formación profesional ou universitaria
  25. Rede Municipal de información xuvenil. A rede visita o teu centro
  26. Rede Municipal de información xuvenil. Recursos de mobilidade para a mocidade
  27. Rede Municipal de información xuvenil. Visita ao espazo xuvenil Naves do Metrosidero
  28. Torre de Hércules
  29. Un día en capitanía

Nota: as condicións de cada visita, establecidas polas entidades colaboradoras, poden sufrir modificacións ao longo do curso.

Cando:

Dende o 12/01/2026 ata o 12/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Do 16 de setembro ao 16 de outubro de 2025

Contacto:

Servicio municipal de Educación

Alfonso Queijo // Ana Paz Pérez

981 184 200 (Ext 10911 y 10127)

educacion@coruna.gal

Documentos relacionados

  • Información Visitas Coruña de Aventura 2025-2026 (914 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión