Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás bibliotecas 2020-2021

Visitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria.

Localización do centro:

Só da Coruña, De calquera concello

Servizo municipal:

Bibliotecas

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de educación infantil e de 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria de centros educativos do municipio.

Horario:

    Estas sesións están divididas en dúas partes: unha parte común, cun contido fixo e outra parte cun contido para ser escollido polo profesorado entre varias opcións predefinidas. Para cada nivel, o profesorado poderá elixir entre unha das tres opcións dispoñibles:

    • ESCOITAR E LER. A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, cómic, poesía...)
    • LER AS IMAXES. A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
    • LER A INFORMACIÓN. Os libros e os recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos e buscas.

    Os contidos específicos da parte común e das diferentes opcións estarán adaptados aos diferentes niveis educativos e desenvolverán a proposta dunha maneira lúdica e participativa.

    DURACIÓN DAS VISITAS

    Como norma xeral, a duración esperada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada, comunicarase a duración exacta.

    CENTROS ONDE SE OFERTA

    As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 25 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL: máximo 10 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 15 visitas

    CONDICIÓNS DO PROGRAMA

    • Ante a situación de incerteza xerada pola COVID-19, as bibliotecas, se for necesario, intentarán adaptar a súa oferta a formatos virtuais que poderían incluír: visitas das bibliotecarias e bibliotecarios ás aulas, vídeos pregravados, encontros virtuais en liña desde as aulas ou encontros virtuais desde os domicilios. Mesmo podemos utilizar a plataforma Ciscowebex, de que dispoñen todos os centros escolares, sempre que o profesorado lles facilitar o acceso como convidados/as para realizaren os encontros. A pesar de que poñeremos todo da nosa parte para non cancelar as nosas citas, podería darse o caso de que finalmente non puideren ter lugar.
    • Na solicitude, deberá indicarse o curso e marcar a opción seleccionada para a parte variable.
    • Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación, incluíndo a busca e posta a disposición dos recursos técnicos necesarios para realizar a sesión.
    • As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. En caso de que o número de solicitudes sexa superior, as adxudicacións realizaranse por orde de inscrición.
    • As visitas asignaranse á biblioteca municipal máis próxima ao centro escolar que a solicitar.
    • Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do programa de visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable dela nesa biblioteca.
    • O transporte, se for necesario, correrá por conta do centro educativo.

    Cando:

    Dende o 10/01/2021 ata o 30/04/2021

    Xa rematou

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2020 ata o 15/10/2020

    Inscrición para os centros

    Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

    Contacto:

    Servizo Municipal de Bibliotecas

    Elena Pernas Lázaro

    e.pernas@coruna.es

    Tel.: 981 184 384

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión