Estas sesións están divididas en dúas partes: unha parte común, cun contido fixo e outra parte cun contido para ser escollido polo profesorado entre varias opcións predefinidas. Para cada nivel, o profesorado poderá elixir entre unha das tres opcións dispoñibles:
- ESCOITAR E LER. A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, cómic, poesía...)
- LER AS IMAXES. A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
- LER A INFORMACIÓN. Os libros e os recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos e buscas.
Os contidos específicos da parte común e das diferentes opcións estarán adaptados aos diferentes niveis educativos e desenvolverán a proposta dunha maneira lúdica e participativa.
DURACIÓN DAS VISITAS
Como norma xeral, a duración esperada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada, comunicarase a duración exacta.
CENTROS ONDE SE OFERTA
As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:
- BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 15 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 25 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO: máximo 15 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL: máximo 10 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 15 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 15 visitas
- BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 15 visitas
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
- Ante a situación de incerteza xerada pola COVID-19, as bibliotecas, se for necesario, intentarán adaptar a súa oferta a formatos virtuais que poderían incluír: visitas das bibliotecarias e bibliotecarios ás aulas, vídeos pregravados, encontros virtuais en liña desde as aulas ou encontros virtuais desde os domicilios. Mesmo podemos utilizar a plataforma Ciscowebex, de que dispoñen todos os centros escolares, sempre que o profesorado lles facilitar o acceso como convidados/as para realizaren os encontros. A pesar de que poñeremos todo da nosa parte para non cancelar as nosas citas, podería darse o caso de que finalmente non puideren ter lugar.
- Na solicitude, deberá indicarse o curso e marcar a opción seleccionada para a parte variable.
- Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación, incluíndo a busca e posta a disposición dos recursos técnicos necesarios para realizar a sesión.
- As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. En caso de que o número de solicitudes sexa superior, as adxudicacións realizaranse por orde de inscrición.
- As visitas asignaranse á biblioteca municipal máis próxima ao centro escolar que a solicitar.
- Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do programa de visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable dela nesa biblioteca.
- O transporte, se for necesario, correrá por conta do centro educativo.