Concello da Coruña

Concello da Coruña

X Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2022-23

Acción de dinamización lingüística na que se presentan monólogos cómicos creados e interpretados por alumnado de centros de Coruña. Os monólogos interprétanse en galego e tratan temas de actualidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros educativos do concello da Coruña.

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

Fomentar o uso da lingua galega no alumnado de ensino secundario, bacharelato e FP.

Potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade e a espontaneidade no uso da lingua galega.

As persoas inscritas poderán solicitar os Obradoiros de introdución á interpretación de monólogos cómicos, co obxecto de axudarlles a revisar os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica.

Inscrición: do 25 de xaneiro ao 17 de febreiro na ficha de solicitude. O custo é gratuíto.

Condicións do programa

Os monólogos tratarán temas de actualidade, establécense tres categorías diferentes:

  • Categoría A: alumnado de 1º e 2º curso da ESO
  • Categoría B: alumnado de 3º e 4º curso da ESO
  • Categoría C: alumnado de BACH e ciclos formativos de FP.

Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.

Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.

Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.

Estableceranse premios por categorías.

O Servizo Municipal de Educación publicará con antelación as condicións e prazos para presentar os textos dos monólogos.

Cando:

14 de abril de 2023

Inscricións:

Dende o 25/01/2023 ata o 17/02/2023

Os centros interesados en participar no certame deben solicitalo entre o 25/01/2023 e o 17/02/2023 a través da ficha de solicitude xeral.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext: 12041

VITAEVENTS

Tel. 692 876 602

info@vitaevents.es

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Documentos:

POSTER-MONOLOGOS.jpg (234 KB)

Documentos relacionados

  • Guía Concurso de monólogos (177 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión