Concello da Coruña

Concello da Coruña

XIV Obradoiro e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2024-25

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis e categorías:

  • de 1º a 3º de ESO
  • 4º ESO, BACH e FP de grao medio

O centro gañador en cada unha das categorías recibirá un premio de 300 € (só un premio por centro). Ademais, outorgarase un premio especial ao centro mellor clasificado do concello da Coruña.

Horario:

Horario: de 09.00 a 14.30 horas.

En sesións de 09.00 a 10.30 h; 10.20 a 11.50 h; 11.40 a 13.10 h. e de 13.00 a 14.30 h

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Obradoiro-Exposición.

Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Fase previa no centro educativo. Iniciación: Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira en liña vendo os dous vídeos de Igaciencia Vídeo de Robótica1 e o VideodeRobótica2.

Fase de desenvolvemento. Obradoiro e Concurso:

Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programamción baseado en Labview ou estándar en control.

Obradoiro: na primeira media hora, realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack Lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar ao robot.

Concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.

Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.

O alumnado debe visualizar previamente os dous vídeos citados anteriormente.

Entrega de premios

A data de entrega está por determinar.

1 premio por categoría: ESO e Bacharelato, e mellor centro do Concello da Coruña

Cando:

Dende o 21/10/2024 ata o 22/10/2024

As datas son orientativas, pode haber cambios motivados por motivos de organización.

Realizarase no Centro Municipal de Emprego (Os Rosales). Estrada dos Fortes, 16 e rúa Simón Bolivar, s/n. 15011 A Coruña

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Os centros participantes deberán anotarse na ficha de inscrición do servizo de educación do 16 de setembro ao 16 de outubro.

Unha vez realizada a inscrición na ficha de inscrición do servizo de educación, os centros teñen que acceder á ficha de solicitude de IGACIENCIA para inscribirse desde o 26 de setembro ao 11 de outubro.

  • Do 26/09, ás 10 h, ao 2/10, para os centros do Concello da Coruña:
    • 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drones, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
  • Do 3/10, ás 10 h, ao 8/10, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Do 9/10, ás 10 h, ao 11/10, quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drones. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drones calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben (secretaria@igaciencia.org)

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 10231 (educacion@coruna.gal)

Recursos humanos:

Monitores/as especializados/as.

Enderezo:

Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña

Máis información:

IGACIENCIA (https://igaciencia.eu)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión