Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2023)

As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo informar o alumnado dos estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Persoas que estean matriculadas en bacharelato ou formación profesional e que desexen coñecer os estudos das universidades públicas da comunidade autónoma galega, así como os estudos superiores de deseño que se imparten na cidade.

As visitas aos centros de FP poden solicitalas o alumnado matriculado en 4º de ESO, bacharelato e formación profesional.

Para o alumnado que non estea matriculado en centros da cidade, ábrese un período específico de inscrición desde o 13 ao 16 de marzo.

XXIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (XOUP)

Estas xornadas organízanas o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña para dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os Estudos Superiores de deseño e Arte dramático que se imparten nas EASD de Galicia, así como os ciclos de Formación Profesional que se ofertan nos centros públicos da Coruña.

  • Do 20 ao 24 de marzo: presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
  • Do 27 ao 30 de marzo: visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos.
  • O 30 de marzo: presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.

INSCRICIÓN

A solicitude en liña faráa directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo ao que pertence, as mesas e visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no que se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

PRAZO

  • A inscrición para o alumnado dos centros da Coruña é do 2 ao 16 de marzo ás 14.00 h.
  • A inscrición para o alumnado de centros de fóra da cidade é do 13 ao 16 de marzo ás 14.00 h.

ACCESO ÁS XORNADAS

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOUP.

A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

NOVIDADES

As sesións das mesas universitarias publicaranse a posteriori na canle de Youtube: @CorunaEducaMemoria

As mesas universitarias realizaranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (CAMPUS DE ELVIÑA).

Durante a semana do 20 ao 24 de marzo haberá un punto informativo na sede das XOUP atendido por persoal da Rede Municipal de Información Xuvenil e do Servizo de Estudantes da UDC

INFORMACIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS

Cando:

Dende o 20/03/2023 ata o 30/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/03/2023 ata o 16/03/2023

Máis información:

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Avda. da Mariña, 18 - 2º. 15001 A Coruña

Tel.: 981 184 200 ext. 12027 // 12039 // 12047

educacion@coruna.es www.coruna.gal/educacion

REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL

Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294

Espazo de información xuvenil - C.C.Cidade Vella. Tel. 981 189 885 (ext. 10803 // 10804)

Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)

Telegram //Whatsapp: 606 362 366.

cmix@coruna.gal www.coruna.gal/informacionxuvenil

Horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Sábados de 10.00 a 14.00 h.

SERVIZO DE ESTUDANTES - UDC

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

Pavillón de estudantes. Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña.

Tel.: 881 01 1964 - 881 01 1192 - 881 01 1190

lerdcoruna@udc.gal

Documentos relacionados

  • Folleto XOUP (926 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión