Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXVIII Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2020-2021)

O Servizo Municipal de Educación organiza cada ano as Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional destinadas a dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO) así como a oferta dos ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Debido á situación xerada pola Covid19 vémonos na obrigación de modificar as XOUP para adaptarnos á realidade actual. Así, en relación coa presentación dos graos universitarios compartimos na web de educación a información facilitada polas Universidades sobre as accións telemáticas a desenvolver para a presentación da súa oferta. No que respecta ás visitas aos centros que imparten estudos de Formación Profesional realizaremos, na maioría dos casos, conexións por videoconferencia para que cada centro presente os ciclos que imparte.

Poden realizar a inscricipción ás Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional a través desta ligazón.

Para máis información poden contactar co Servizo Municipal de Educación a través do correo electrónico educacion@coruna.es ou chamando ao 981 18 42 00 ext. 12047

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Persoas que cursen 4.º da ESO, FP e bacharelato que desexen coñecer os ciclos formativos e os estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

PRESENTACIÓN DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA: UDC, USC, UVIGO

Dado que este curso non podemos desenvolver as XOUP no Centro Universitario de Riazor (CUR), optamos por difundir a información facilitada polas Universidades en relación coa presentación dos seus estudos de grao.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA:

  • Campaña de Divulgación Científica e Técnica, na que o profesorado da UDC imparte máis de 80 clases divulgativas ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, tanto presencialmente desprazándose aos Centros como virtulamente, cunha ampla oferta de charlas variada e atractiva.
  • UNIferia2021. Do 22 ao 24 de febreiro estase celebrou a 3ª edición da Feira Virtual das Universidades españolas UNIferia2021 e a UDC mostrou a súa oferta académica e vida universitaria.
  • Xornada de Puertas Abertas Virtuais, que se realizará en abril. Haberá charlas de todas as titulacións de grao que se imparten na UDC, vídeos dos centros universitarios, valoracións de alumnado, vida universitaria e atención a visitantes/futuros-as alumnos-as. Mentres tanto podes acceder á web Futuros Estudantes https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/ onde se atopa toda a información relacionada con TITULACIÓNS - ACCESO - ADMISIÓN - MATRÍCULA - VIDA UNIVERSITARIA
  • O xoves 8 de abril de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h a través de Teams, celebrarase unha XORNADA VIRTUAL DE PUERTAS ABERTAS: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/ para dar a coñecer ao Futuro Estudante a ampla oferta de titulacións e Graos e a Vida Universitaria. Haberá charlas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o esquema: Perfil de ingreso, por que estudar este Grao na UDC, Contido da titulación, saídas profesionais e correo electrónico de contacto ao final da presentación para posteriores consultas sobre a/s titulación/é. Poderanse facer consultas aos relatores e as charlas serán gravadas, quedando a disposición na web de Futuros Estudantes para ser consultadas libremente. Ademais, haberá charlas informativas sobre ABAU e PREINSCRICIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido por persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada. Poñerase a disposición dos visitantes vídeos dos Centros Universitarios, vídeos do alumnado e vídeos relacionados coa vida universitaria: residencias públicas, cultura, deportes, cooperación e voluntariado, medio ambiente, UDC Saudable, participación, emprego, atención á diversidade, Centro de Linguas, ORI... Para facer a Jornada máis dinámica, haberá variedade de RETOS E TALLERES. As persoas gañadoras serán premiadas con sudaderas, camisetas e bolsas da UDC.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:

UNIVERSIDADE DE VIGO:

Oferta académica:

PRESENTACIÓN DOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (13, 14 E 15 DE ABRIL)

Unha vez consultados os centros que participaron nas Xornadas de Orientación durante as últimas edicións, elaboramos un calendario de presentación dos ciclos que impartenen a actualidade. Resaltar a boa acollida de todos os centros en relación con esta iniciativa e indicar que os que non participan é por motivos organizativos que lles impiden adaptarse a esta proposta neste momento concreto.

O modelo deste curso baséase na presentación mediante videoconferencia dos ciclosformativos. As persoas interesadas en participar terán que facer unha solicitude de inscrición e a posteriori remitirémoslles unha ligazón para acceder á conexión.

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) colaborará atendendo as consultas realizadas polas persoas inscritas, a través do correo cmix@coruna.es ou mediante o WhatsApp 606 362 366.

DESCRICIÓN DAS SESIÓNS, CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E CALENDARIO

O persoal docente de cada centro presentará os ciclos ofertados. As sesións durarán entre 60 e 90 minutos, incluíndo un período para facer preguntas.

  • Persoas destinatarias: estudantes de bacharelato, 4º de ESO e da ESA, con prioridade para os matriculados en centros da cidade. Tamén poderán inscribirse outras persoas interesadas como docentes ou proxenitores.
    • Nos casos de existir moita demanda de prazas, e se houbese que limitar o acceso a algunha das sesións, os criterios para aplicar para outorgar as prazas, por orde de prioridade seran: alumnado de bacharelato, alumnado de 4º de ESO, da ESA, profesionais de centros e proxenitores.
  • Inscrición: do 23 de marzo ao 4 de abril.
    • Este ano a inscrición faia directamente a persoa interesada en acudir á charla. Os datos requiridos son: nome, DNI, centro de procedencia e nivel que se está a cursar, número de teléfono e un correo electrónico para poder enviarlle a ligazón á sesión.
  • Envío da ligazón para conectarse: do 6 ao 9 de abril as persoas que se inscribiron recibirán, no correo electrónico facilitado na ficha, a ligazón de conexión á videoconferencia. Na súa maioría faranse por Webex ou Teams.
  • Presentación dos ciclos polos centros. Os días 13, 14 e 15 de abril presentamos os ciclos medios e superiores de Formación Profesional segundo o seguinte programa:

PROGRAMA DE PRESENTACIÓN DOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Data

Hora visita

Centro FP

Especialidade FP

TIPO

13/04/2021

16:00

IES A Sardiñeira

CM Operacións de laboratorio

Dixital

CS Laboratorio de análise e control dá calidade

Dixital

CS Química industrial

Dixital

13/04/2021

17:00

IES Ramón Menendez Pidal

CM Actividades comerciais

Dixital

CS Comercio internacional

Dixital

CS Xestión de vendas e espazos comerciais

Dixital

14/04/2021

16:30

CIFP Ánxel Casal

CS Documentación sanitaria

Dixital

CS Química e Saúde ambiental

Dixital

CS Dietética

Dixital

CS Audioloxía protésica

Dixital

14/04/2021

16:45

CIFP Ánxel Casal

CM Atención a persoas en situación de dependencia

Dixital

CS Animación sociocultural e turística

Dixital

CS Educación infantil

Dixital

CS Integración social

Dixital

CS Mediación comunicativa

Dixital

14/04/2021

17:00

CIFP Ánxel Casal

CM Coidados auxiliares de enfermaría

Dixital

CM Farmacia e parafarmacia

Dixital

CM Emerxencias sanitarias

Dixital

14/04/2021

17:15

CIFP Ánxel Casal

CS Hixiene bucodental

Dixital

CS Próteses dentais

Dixital

CS Imaxe para ou diagnóstico e medicamento nuclear

Dixital

CS Radioterapia e dosimetría

Dixital

CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Dixital

CS Laboratorio clínico e biomédico

Dixital

14/04/2021

17:30

CIFP Imaxe e Son

CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Dixital

CS Son para audiovisuais e espectáculos

Dixital

CS Produción de audiovisuais e espectáculos

Dixital

CS Realizacións de proxectos audiovisuais e espectáculos

Dixital

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Dixital

15/04/2021

16:00

EASD Pablo Picasso

CS Fotografía

Dixital

CS Ilustración

Dixital

CS Dourado, prateado e policromía

Dixital

CS Escultura aplicada ao espectáculo

Dixital

CS Taller cerámico I e II (modular)

Dixital

CS Taller de madeira

Dixital

15/04/2021

17:00

IES Urbano Lugrís

CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

In situ

CS Automatización e robótica industrial

In situ

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados

In situ

CM Instalacións de telecomunicacións

In situ

CS Mantemento electrónico

In situ

CM Mantemento electromecánico

In situ

Nota: no caso das visitas presenciais ao IES Urbano Lugrís, as persoas solicitantes, para acceder ao centro, deberán de presentar o xustificante da solicitude de inscrición xunto co seu DNI.

Cando:

Dende o 23/03/2021 ata o 15/04/2021

Os días 13, 14 e 15 de abril farase a presentación dos ciclos de F.P.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 23/03/2021 ata o 04/04/2021

A través desta ligazón

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200, ext. 12047

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Máis información:

CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN E MEMORÍA HISTÓRICA

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Av. da Mariña, 18, 2.º, 15001 A Coruña

Tel.: 981 184 200, ext. 12047 Fax: 981 184 397

educacion@coruna.es www.coruna.gal/educacion

CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (CMIX)

Fórum Metropolitano: r/ Río Monelos, 1, 15006 A Coruña

Tel.: 981 184 294  Fax: 981 184 295

cmix@coruna.es www.coruna.gal/cmix

Horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h e sábados de 11.00 a 14.00 h

SERVIZO DE ESTUDANTES-SAPE

Pavillón de Estudantes, campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña, tel.: 981 167 000, ext. 2900 e fax: 981 167 075

sape@udc.es www.udc.es/sape

Horario: de luns a venres, das 8.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 20.30 h

Documentos relacionados

  • Guía TI ELIXES - XOUP (2 MB)
  • Información XOUP 2011-2022 (286 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión