Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXII Mostra de Teatro Escolar 2022-23

Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do Concello.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos grupos de teatro dos centros educativos do Concello.

Os centros poden inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:

EI e EP: máximo 3 grupos por centro

Educación secundaria: máximo 2 grupos por centro

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Potenciar a actividade artística do alumnado, fomentar a convivencia entre os grupos teatrais e ofrecer diferentes escenarios de representación.

Condicións do programa

As representacións teatrais da Mostra deberanse axustar, como mínimo e máximo, á seguinte duración:

  • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
  • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
  • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.

Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutros dous da mesma etapa educativa.

O centro que recibe deberá garantir:

  • A presenza dunha persoa responsable do centro durante a representación
  • A atención aos actores e actrices
  • O acondicionamento do espazo
  • A asistencia de alumnado de idades similares
  • A convivencia entre os membros dos grupos

Axuda económica

O programa contempla unha axuda económica de ata 300 € por grupo para gastos xerados pola propia actividade teatral.

Transporte

O concello poñerá a disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto. A escenografía non poderá exceder do 2,15 m. de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

Gala final Mostra de Teatro Escolar

Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por persoas relacionadas co mundo do teatro. O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria). Os criterios de valoración terán en conta: a orixinalidade do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade lingüística, a corrección e fluidez, a dramatización da obra e a coordinación grupal. Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o día 9 de xuño no Centro Ágora.

Contacto

VitaEvents

Teei.: 692 876 602

info@vitaevents.es

Inscricións:

Dende o 09/02/2023 ata o 28/02/2023

Os centros interesados en participar deben cubrir entre o 9/02/2023 e o 28/02/2023 a Ficha de solicitude xeral e a Ficha de solicitude específica.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 12041

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión