Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Principios transversais

Principios horizontais e obxectivos transversais

Aínda que hai unha serie de principios que se deben aplicar de forma transversal a todos os fondos FEIE, existen outros que toda estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI), en cumprimento do establecido no art. 7 do RDC, debe cumprir obrigatoriamente.

Son principios de carácter transversal a toda a estratexia, e que se concretan nos seguintes:

  • Igualdade entre homes e mulleres e non discriminación. Inclúe a igualdade de trato entre individuos de calquera nacionalidade, sexo, raza, orixe étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual. A estratexia debe contribuír a unha maior integración no mundo laboral e social das mulleres, das persoas discapacitadas, colectivos marxinados, inmigrantes e minorías étnicas. É unha prioridade na estratexia EidusCoruña, que adoptou o enfoque de xénero desde o seu inicio.
  • Desenvolvemento sostible. Este principio implica medidas transversais relacionadas coa protección ambiental, eficiencia no uso de recursos, mitigación e adaptación ao cambio climático, biodiversidade e prevención e xestión de riscos.
  • Accesibilidade. EidusCoruña ten en conta as necesidades das persoas con diversidade funcional e/ou sensorial que teñen uns requirimentos básicos de accesibilidade, pero ademais as liñas de actuación previstas deben abarcar a educación, emprego, sanidade e loita contra a pobreza. A accesibilidade universal é unha condición previa para a participación na sociedade e na economía.
  • Participación. Eixe e núcleo básico para definir un novo modelo de goberno territorial.
  • Cambio demográfico. Para tratar de paliar o problema demográfico tanto a nivel metropolitano como na cidade da Coruña, hai que reforzar os recursos sociais para afrontar esta situación fomentando medidas que melloren o nivel de vida das persoas e así se poida atraer a poboación nova.
  • Mitigación do cambio climático, especialmente mediante a redución de gases efecto invernadoiro e incrementando o uso de fontes de enerxía renovables no noso consumo.
  • Economía circular. É un concepto económico que se interrelaciona coa sostibilidade, e cuxo obxectivo é que o valor dos produtos, os materiais e os recursos (auga, enerxía...) se manteñan na economía durante o maior tempo posible e que se reduza ao mínimo a xeración de residuos.
  • Estratexia Metropolitana de Innovación. O Concello da Coruña impulsou instrumentos e estratexias clave para sentar unha sólida base sobre a que ir construíndo a nova cidade, por iso traballou na planificación cara a unha sociedade da información baseada no concepto de Smart City.
  • Transparencia. É fundamental dar cumprimento aos parámetros fixados na Lei de transparencia e transparentar o orzamento municipal anual en termos dun plan anual municipal de actuación vinculado aos ODS.

O compromiso municipal deste Concello para aplicar os principios e obxectivos transversais propios dunha correcta xestión pública (a transparencia na xestión, as medidas antifraude a aplicar, un código ético vinculante para todo o persoal municipal...), queda suficientemente acreditado co desenvolvemento normativo e declaracións institucionais realizadas, e que ofrecemos para a súa consulta:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión