Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
DECA é o acrónimo de Documento que Establece as Condicións da Axuda.
É un documento no que se establecen as condicións de cada axuda FEDER que recibe unha persoa beneficiaria para unha determinada operación. O Regulamento (UE) núm. 303/2013 do Parlamento Europeo establece no art. 125.3.c que se lle entregue un DECA á persoa solicitante por cada operación da que vaia ser persoa beneficiaria.
É un nome específico para un trámite moi similar a outros xa existentes. Por exemplo:
Este é o Modelo DECA que usamos na Estratexia EidusCoruña.
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 19 de outubro de 2018, o Concello da Coruña ratificou as 14 primeiras Operacións da Estratexia EidusCoruña, o que permitiu ir elaborando e notificando os DECA ás Unidades Executoras que previamente formularan as súas Expresións de Interese, procedemento que continuou en XGL posteriores con outras operacións. Estes son os documentos agrupados polos 4 Obxectivos Temáticos (OT) do Programa Operativo, ademais das EdI relacionadas co Eixo 13 de Asistencia Técnica:
OT2: Mellora do acceso, do uso e da calidade das tecnoloxías da información e a comunicación
OT4: Apoio da transición cara a unha economía de baixas emisións de carbono
OT6: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos
OT9: Fomento da inclusión social e a loita contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación
Eixe 13. Asistencia Técnica
28 de agosto de 2023
La Opinión
27 de agosto de 2023
Coruña En liña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible