Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Contratos Eidus

foto da sinatura dun contrato

En virtude do principio de transparencia, este apartado recolle toda a información referente á contratación das operacións Eidus, como as ligazóns á Plataforma de Contratación do Estado e outros datos relativos aos contratos menores.

Ademais incluímos modelos de documentos que lles poden axudar ás unidades executoras (UU.EE.) na redacción de textos de contratación, e un apartado con modelos para proxectos de obra que facilitan o cumprimento da normativa nesta parte do proceso.

Plataforma de contratos

Nestes expedientes de contratación poderanse consultar, entre outros, os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, as ofertas presentadas, a valoración das ofertas presentadas, o orzamento inicial previsto e o adxudicado, e finalmente a adxudicación e sinatura do contrato.

  • Expediente 6A3/2018/2: Contratación do servizo de asistencia técnica para a implementación e execución da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EidusCoruña) cofinanciada nun 80% polo FEDER
  • Expediente 541/2018/2118: Obras comprendidas no proxecto de reparación de cubertas, pavimento e mellora da rede de servizos no 3.º departamento, zona ampliación do Cemiterio de Santo Amaro
  • Expediente 521/2017/906: Obras comprendidas no proxecto de reurbanización da rúa Victoria Fernández España
  • Expediente 521/2018/34: Obras comprendidas no proxecto de mellora urbana do tramo final da rúa Ramón Cabanillas
  • Expediente 521/2018/1085: Obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario
  • Expediente 541/2019/2029: Obras comprendidas no proxecto de restauración do xardín de San Carlos
  • Expediente 521/2019/1597: Obras comprendidas no proxecto de conservación e mantemento no terceiro departamento do Cemiterio de Santo Amaro
  • Expediente 521/2019/1596: Obras comprendidas no proxecto de acondicionamentos varios no Cemiterio de Santo Amaro
  • Expediente 238/2019/320: Obras de reforma do pavillón situado na praza José Toubes Pego
  • Expediente 541/2019/272: Obras comprendidas no proxecto do observatorio de aves na contorna das illas de San Pedro no Portiño
  • Expediente 521/2020/26: Redacción de proxecto do Plan de humanización e naturalización do Paseo Marítimo da Coruña
  • Expediente 541/2020/393: Obras comprendidas no proxecto de recuperación de camiños tradicionais

Contratos menores

Son aqueles nos que non existe obriga legal de publicación no Perfil do Contratante, pero que o Concello da Coruña quere facer públicos para xustificar o cumprimento de claridade e transparencia na xestión do gasto público.

  • Realización dos "Traballos de adaptación e mantemento evolutivo da web EidusCoruña, elaboración dun Manual de Identidade e Comunicación DUSI, e resumo executivo da Estratexia DUSI da Coruña". Realizouse a folla de encargo en novembro de 2017 e mediante o correspondente informe de adxudicación , resolveuse o contrato a favor da empresa Estrategia y Organización, SA (EOSA).
  • Contratación do servizo de asistencia técnica para a elaboración de proxectos de gasto que reúnan as condicións requiridas para ser operacións EDUSI. Realizouse a convocatoria en abril de 2018, posteriormente adxudicouse en maio de 2018 mediante o correspondente informe de adxudicación  e resolveuse o contrato a favor de Craftium Consultores, SL.

Modelos de cadros de características

Estes documentos (suxeridos e por tanto non vinculantes) garanten a correcta redacción dos cadros de características dos contratos de servizos e obras Eidus, xa que se elaboraron en base á normativa que rexe a Estratexia EidusCoruña.

Modelos para proxectos de obra

Estes son os modelos (suxeridos e por tanto non vinculantes) que a sUnidades Executoras (UU.EE.) poden utilizar para redactar os seus proxectos de obra de actuacións DUSI.

En word En pdf
Modelo_Anexo_A4 Modelo_Anexo_A4
Modelo-Portada-A4 Modelo_Portada_A4
Modelo_CajetinPlano_A4
Modelo_Anexo_A3 Modelo_Anexo_A3
Modelo_Portada_A3 Modelo_Portada_A3
Modelo_CajetinPlano_A3
  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión