Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O presente Plan de garantía da calidade ten por obxecto definir os controis que se aplicarán para garantir a correcta execución do "Manual de procedementos do Concello da Coruña" para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España, período de programación 2014-2020 do POCS.
A elaboración e desenvolvemento deste Plan é unha iniciativa propia do Concello da Coruña, e define o seu interese e implicación na execución da súa estratexia EidusCoruña con total transparencia, tanto na súa estrutura como na súa organización e desenvolvemento.
Este Plan, entre outros mecanismos de control e seguimento, establece unha serie de grupos de traballo ou Círculos que deben servir para vixiar e supervisar as actuacións municipais.
A medida que se vaian realizando as reunións previstas no Plan, as actas das mesmas iranse incluíndo no Círculo que corresponda, tanto as actas de constitución como as obrigatorias.
Círculo de Calidade
Este Círculo de Calidade establécese como Grupo de Traballo (GT) tanto para mellorar algún aspecto do POCS como para tratar de buscar solucións a problemas detectados no seu desenvolvemento. Entre os seus obxectivos:
Podes consultar as actas da súa actividade:
Círculo de Boas Prácticas en materia de Comunicación
Este Grupo de Traballo pretende garantir a transparencia da estratexia EidusCoruña e fomentar a comunicación á cidadanía, de modo que se poida visibilizar o impacto das actuacións cofinanciadas na cidade. Os seus obxectivos principais son:
Podes consultar as actas da súa actividade:
Grupo Permanente sobre estratexia e desenvolvemento urbano
Para reflexionar sobre o avance do POCS e do impacto da estratexia EidusCoruña sobre o modelo de cidade, e co fin de detectar incoherencias entre eles, constitúese un Grupo de Traballo co nome de Grupo "permanente sobre estratexia e modelo de desenvolvemento urbano da cidade e contorna metropolitana". Son os seus obxectivos:
Ofrecémosche a posibilidade de consultar as actas da actividade deste Cícrculo:
Nesta sección poderás consultar e descargar o propio Plan de calidade así como os anexos que recollen os modelos de actas previstos nel:
DESCARGAS:
5 de novembro de 2023
Quincemil
4 de novembro de 2023
El Ideal Gallego
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible