Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Loita contra a fraude

Mirando con lupa. Foto

Un dos principais obxectivos do período 2014-2020 é reforzar a política antifraude. Por iso o Concello da Coruña quere adherirse ao compromiso asumido pola AG sobre o cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais baixo os principios de integridade, obxectividade e honestidade, de maneira que a súa actividade sexa percibida por todos os axentes implicados como oposta á fraude e á corrupción en calquera das súas formas.

Para iso analizáronse os distintos riscos de fraude expostos pola Comisión e a avaliación da súa probabilidade e impacto, e analizáronse e describíronse os controis existentes no concello e propuxéronse outros novos tendentes a evitar os devanditos riscos.

CAIXA DE CORREOS CIDADÁ MUNICIPAL

A caixa de correos EidusCoruña é un espazo a disposición da cidadanía a través do cal se dará voz a toda aquela persoa que queira trasladar ao concello, polas tres vías que lle ofrece, unha denuncia, unha queixa ou unha suxestión en relación á execución da Estratexia EidusCoruña.

DENUNCIA

Se vostede ten información sobre a comisión dalgún tipo de irregularidade ou fraude na xestión dos fondos FEDER e/ou municipais vinculados á execución da Estratexia EidusCoruña, e desexa poñer en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode canalizar a súa denuncia utilizando a canle habilitada para o efecto polo citado servizo, e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.

RECLAMACIÓN

Se vostede necesita trasladar unha queixa en relación cun tema de competencia municipal, incluídas por tanto as relativas á execución dalgunha das actuacións da Estratexia EidusCoruña, pode facelo a través desta ligazón. Será trasladada ao servizo correspondente para a súa análise e resposta.

SUXESTIÓN

Se vostede quere facernos chegar a súa achega en relación á execución da Estratexia EidusCoruña, pode facelo a través do correo electrónico eidus@coruna.es

DESCARGAS:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión