Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Plan de execución de EidusCoruña

Man sobre a palabra imposible

Mediante o Plan de execución o Concello da Coruña quere poñer en marcha, dunha forma estruturada e planificada, a súa Estratexia EidusCoruña aprobada polos organismos públicos correspondentes.

Este plan determina tamén as prioridades de investimento municipal para acadar os obxectivos establecidos.

Para levar a cabo este proceso realizáronse unha serie de manuais e documentos de soporte que nos deben axudar a executar correctamente unha estratexia adecuada e pensada para toda a cidade.

Estes documentos obtiveron o conforme da Xunta de Goberno Local na sesión extraordinaria do 1 de marzo de 2018 ( Certificacións acordos XGL Lanzamento EidusCoruña 01-03-2018 ) na que se acordou o lanzamento do proxecto EidusCoruña. Complementariamente a estes acordos de aprobación, a Alcaldía decretou a delegación de funcións para a xestión de EidusCoruña das dúas unidades necesarias (Unidade de Xestión -UdG- e Unidade de Execución -UdE), especialmente daquelas estritamente necesarias para o exercicio das funcións que lle encomendan os manuais.

Manual de procedementos da Coruña

Na nosa entidade local establécese como OIL para as actuacións para desenvolver dentro do programa POCS financiadas polo FEDER.

Remitiullo o concello o 22 de decembro de 2017 ao Ministerio de Facenda e Función Pública (MINHAFP) e foi validado pola Dirección Xeral de Fondos Europeos (DGFE) o 4 de xaneiro de 2018. Posteriormente este manual actualizouse e validouno o OIG o 21 de xaneiro de 2020 (acordo previo da XGL do 9 de outubro de 2019). Nel incorpórase a figura do coordinador de OT (Obxectivo Temático), persoal técnico responsable que ocupa postos de relevancia na organización municipal formando parte da estrutura directiva dela ou desempeñando postos de gran transcendencia desde o punto de vista do desenvolvemento de actuacións estratéxicas na cidade da Coruña.

Neste manual recóllese que todos os procedementos administrativos que xere o desenvolvemento da estratexia realizaranse a través de plataforma electrónica, motivo polo cal a Unidade de Xestión publicou o Manual básico para a tramitación de expedientes da estratexia EidusCoruña na plataforma OpenCertiac de e-admón para facilitar a actuación das Unidades Executoras (UU.EE.).

Plan de implementación da Estratexia EidusCoruña

O Plan de implementación é a ferramenta a través da cal os fondos europeos FEDER cofinancian a posta en marcha de determinadas liñas de actuación. É unha parte da Estratexia EidusCoruña.

O noso Plan de implementación comprende 22 liñas de actuación (LA) das 34 que recolle a Estratexia EidusCoruña no seu conxunto, e responde a 18 dos 23 Obxectivos Operativos (OP) definidos. Están orzadas en 18.750.000 €, dos cales:

  • o 80% finánciaos FEDER, é dicir, 15 millóns de euros
  • o 20% restante correspóndelle ao concello, ou sexa, 3.750.000 €

Para as 12 liñas de actuación restantes, os fondos complementarios achegados polo Concello supoñen un total de 33.350.000 .

Prioridades de investimento EidusCoruña

É un documento fundamental no que se define que, como, cando e canto. O concello define así a parte da súa estratexia cofinanciada polos fondos FEDER. É realmente un plan de execución e desenvolvemento do Plan de implementación previsto.

Planificación da Estratexia EidusCoruña

Neste documento recóllese o cronograma das actuacións previstas e a senda financeira para todo o período de duración e sobre o global da estratexia da cidade, non só o Plan de implementación financiado por FEDER. Sempre coa idea de crear unha cidade próxima, unha idea de acción , buscando un modelo para A Coruña baseado nun concepto: a proximidade.

Resumo executivo

É un documento que resume os espectos fundamentais da Estratexia EidusCoruña, incluíndo a previsión do seu custo e do cofinanciamento de parte dela polos fondos europeos FEDER.

Ten un carácter máis explicativo que outros formatos, e define máis amplamente a estrutura da estratexia en termos de Obxectivos Temáticos (OT) sobre os que o concello se vai centrar, e Liñas de Actuación (LA) para a súa consecución.

Presentación de EidusCoruña en Power Point

É un resumo moi visual e sinxelo.

Nesta presentación explícanse os fundamentos básicos do proxecto estratéxico EidusCoruña nun formato breve de diapositivas que recollen os aspectos básicos do proxecto.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión