Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Publicacións

Ler libros

Ademais do contido máis técnico que che ofrecen os documentos técnicos seleccionados, que servirán de base para preparar e elaborar determinadas estratexias e proxectos, convén dedicar un tempo a outro tipo de lecturas que ofrecen unha visión máis ampla dun modelo urbano ou de cidade diferente ao que estamos afeitos.

Esta lecturas son reflexións, ensaios, orientacións, recomendacións... que pretenden permitirnos valorar sobre como é a cidade na que vivimos, e expornos como debería ser a cidade que en realidade queremos.

21 resultados

  • Portada do libro

    10 cidades exemplo de Cidades do Mañá

    Good policies and practices to tackle urban challenges (abril 2011). Este estudo sintetiza dez estudos de casos completados no marco dun proceso de reflexión sobre 'Cities of Tomorrow', organizado e xestionado pola DG Regio, cuxo obxectivo principal foi destacar os principais desafíos para as cidades europeas durante a década seguinte, e identificar obxectivos, instrumentos e métodos que se poden implementar ao abordalos. Participaron aproximadamente 20 expertos sobre desenvolvemento urbano representando diferentes cidades europeas e diferentes sectores.

  • A dimensión urbana das políticas da UE para unha Axenda Urbana

    A dimensión urbana das políticas da UE para unha Axenda Urbana

    Nesta comunicación preséntase a situación actual da UE en materia urbana, a situación actual da política urbana en Europa, os chamamentos para que se adopte unha axenda urbana para a UE, a dimensión mundial do desenvolvemento urbano, e as posibles vías futuras.

  • A europeización urbana a través da política de cohesión

    A europeización urbana a través da política de cohesión

    A análise de cuestións como a europeización urbana e a gobernanza urbana mostra como as cidades se foron convertendo en actores de nova centralidade política no marco da gobernanza europea, así como a evolución da acción pública urbana cara a novas formas de gobernanza.

  • Texto que recolle en portada en contido do documento. Sen imaxe

    A miña rexión, a miña Europa, o noso futuro: 7º informe sobre a cohesión económica, social e territorial

    O presente informe informa sobre como evolucionou a cohesión nas rexións da UE no pasado recente, e avalía o impacto que tiveron sobre ela as políticas nacionais, a política de cohesión e outras políticas da UE segundo o disposto no Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, revisa as medidas que vinculan a eficacia dos Fondos EIE a unha boa gobernanza económica.

  • ABC da Innovación

    ABC da Innovación. Guía para a incorporación da innovación na xestión urbana

    Documento elaborado no marco das actividades da Rede Impulso para servir de referencia aos municipios interesados en explorar as posibilidades de utilizar a innovación na mellora da xestión urbana. A motivación final de todo iso é aliñar a realidade municipal ás novas tendencias de impulso da innovación a escala local.

  • Portada do libro

    Áreas Urbanas en España 2018

    Corenta anos das cidades españolas. Durante as últimas décadas o Ministerio de Fomento desenvolveu un labor de análise e seguimento do fenómeno urbano desde unha perspectiva integrada. Desde o ano 2000 publicáronse diferentes Atlas Estatísticos das Áreas Urbanas que foron detallando a realidade e a evolución das principais áreas urbanas españolas, a partir da análise conxunta de datos procedentes de distintas fontes estatísticas. Desde 2007, ofrécese unha versión dixital do Atlas que facilita o acceso a máis de 500 variables e indicadores actualizados (a nivel de municipio, área urbana, provincia e comunidade autónoma) e permite a elaboración de mapas, gráficos e a xeración de táboas de datos para a súa visualización e descarga.

  • Avaliación da selección das estratexias DUSI. Informe final. Febreiro 2018

    Avaliación da selección das estratexias DUSI. Informe final. Febreiro 2018

    A presente avaliación da selección das estratexias DUSI circunscríbese á 1ª convocatoria das 3 que se levaron a cabo no período 2014-2020 e oriéntase a examinar e avaliar o proceso e sistema de admisión, e analizar e avaliar o proceso de selección. Sobre a base da análise realizada, preséntanse as fortalezas e debilidades achadas nesta 1ª convocatoria, a partir das cales se darán as recomendacións que poderían ser de utilidade no futuro. Inclúense ademais outros aspectos de interese enfocados á concienciación da importancia de enfocar as estratexias DUSI desde unha perspectiva estratéxica e integrada, atendendo á nova concepción das cidades.

  • Avaliación da selección das estratexias DUSI. Resumo do informe final. Febreiro 2018

    Avaliación da selección das estratexias DUSI. Resumo do informe final. Febreiro 2018

    Preséntanse de forma esquemática os datos relativos á 1ª convocatoria da estratexias DUSI. Presentáronse 269 solicitudes pero 5 estaban repetidas, polo que o número final das que pasaron á fase de admisión foi de 264. Posteriormente 21 non foron admitidas por incumprimento dalgúns criterios, e polo tanto pasaron á fase de avaliación 243 estratexias DUSI. Destas, 32 non obtiveron a puntuación mínima necesaria (50 puntos) e outras 128 non puideron ser seleccionadas por falta de orzamento. Como resultado final, seleccionáronse 83 estratexias DUSI para obter axuda, que constitúen o 31,4% das estratexias presentadas, excluídas as repetidas.

  • Portada

    Avaliación de obxectivos/Resultados do POPE 2019. Outubro 2019

    O obxectivo deste documento é analizar o avance do Programa Operativo Plurirrexional de España para dar resposta á obriga recollida nos artigos 50 e 111 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 (RDC) e valorar os resultados acadados, así como o cumprimento do Marco de Rendemento (MR). Esta avaliación está programada no Plan de Avaliación Específico do POPE.

  • Portada do libro

    Avaliación do Programa Operativo de Crecemento Sustentable (POCS). Xuño 2017

    Esta Avaliación do POCS 2017, aínda que volve examinar o deseño inicial da estratexia do programa, céntrase fundamentalmente en aspectos operativos co fin de poder avaliar a eficacia, a eficiencia e os primeiros resultados das intervencións, así como outra serie de aspectos. A avaliación realízase aínda que a execución do programa é case nula debido á súa tardía aprobación, o dilatado proceso de designación de autoridades e organismos intermedios, e de posta en marcha dos sistemas de xestión e control.

resultados 21

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión