Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
EidusCoruña é o nome da Estratexia DUSI da cidade da Coruña que responde a un enfoque estratéxico e global, cunha visión a longo prazo do modelo de cidade que se quere para a cidade. EidusCoruña dá resposta dun modo coherente e equilibrado aos problemas identificados na cidade e propón liñas de actuación concretas.
Trátase dunha estratexia global definida e financiada polo Concello da Coruña, que conta nunha parte concreta -Plan de implementación- co cofinanciamento dos fondos europeos FEDER.
O 12 de decembro de 2016 prodúcense dous fitos importantes:
A concesión dos fondos FEDER ao Concello da Coruña resolveuse de forma definitiva mediante a Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, publicada no BOE do 25 de xullo de 2017.
Ofrécese a Estratexia EidusCoruña desagregada por capítulos para facilitar a súa lectura:
Cal é o valor e eixe prioritario da Estratexia EidusCoruña?
A Estratexia EidusCoruña xira arredor da reconstrución da proximidade como valor urbano para o reforzo da convivencia no espazo público.
Para iso incorpora os principais obxectivos de mobilidade sustentable:
Que dimensións definen a Estratexia EidusCoruña?
A estratexia organízase en función das 3 dimensións estratéxicas de Europa 2020, co obxectivo último de construír unha Coruña sustentable, intelixente e integradora.
Que comprende a globalidade da Estratexia EidusCoruña?
Esta estratexia global establece:
Como se desenvolve a estratexia?
A Estratexia EidusCoruña ponse en marcha a través de:
A suma de ambos os plans conforman a globalidade da Estratexia EidusCoruña.
Que nivel de investimento abarcará a Estratexia EidusCoruña?
EidusCoruña implicará un investimento global de 52.100.000 € para o período 2017-2023.
Esta dotación financeira estrutúrase entre o Plan de implementación, que abarcará 22 liñas de actuación orzadas en 18.750.000 euros (dos cales o 80% están financiados polos Fondos FEDER) e os fondos complementarios achegados polo Concello da Coruña, alcanzando un total de 33.350.000 € para as 12 liñas de actuación restantes.
Beneficios
A implantación da Estratexia EidusCoruña busca converter A Coruña nunha cidade sustentable, intelixente e integradora, e serán moitos e diversos os beneficios que lle proporcionarán.
21 de xaneiro de 2021
Web Municipal
8 de xaneiro de 2021
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible