Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Unha estratexia participativa
O propósito dunha "estratexia de cidade" é transformar a área urbana nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador, que respecte a diversidade, ambientalmente sustentable e con marcada igualdade en materia de xénero.
As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) son o requisito previo para financiar actuacións e proxectos con fondos FEDER. O Estado español realizou 3 convocatorias desde o ano 2015 e resultaron beneficiarias destas axudas 173 entidades, cun total de 1.366 millóns €: 83 na primeira convocatoria, 40 na segunda e 50 na terceira.
Maioritariamente estas áreas funcionais foron administracións locais, principais puntos de apoio para facer realidade os obxectivos de crecemento intelixente, sustentable e integrador pola súa proximidade á cidadanía. O financiamento recibido adxudicouse en función da súa poboación:
Eses obxectivos plásmanse nun documento estratéxico que debe recoller a situación da cidade (activos, problemas e retos), unha análise DAFO, o que define uns Obxectivos Estratéxicos (OE) e unhas Liñas de Actuación (LA) enmarcadas, forzosamente, nalgún dos seguintes catro Obxectivos Temáticos (OT):
Estas estratexias utilizan unha metodoloxía participativa. Nelas debeuse garantir, de forma transversal ao proceso, a implicación cidadá na súa elaboración e implementación, para que sexan partícipes os principais axentes económicos, sociais e institucionais do territorio.
DESCARGAS:
5 de novembro de 2023
Quincemil
4 de novembro de 2023
El Ideal Gallego
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible