Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Sendeiro atlántico

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Recuperación, mellora e posta en valor de espazos naturais de interese local (LA2)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 25.000 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En execución

Prazo execución: 3 meses

DESCRICIÓN

O Carreiro Atlántico transcorre desde o mesmo centro da cidade, na zona do Parrote ata a praia do Portiño. Ao longo do seu percorrido altérnanse tramos urbanizados con outros naturais. Pola súa singularidade e relevancia, destacan os Espazos Naturais de Interese Local da Torre de Hércules e das Illas de San Pedro.

O obxecto deste proxecto é o deseño, confección, subministración e instalación de sinalización interpretativa no tramo desta senda litoral atlántica. Preténdese con iso informar sobre estes espazos naturais protexidos, como son xestionados e os seus valores naturais.

Para alcanzar estes obxectivos utilizarase o Manual de sinalización interpretativa para os espazos verdes da Coruña . A súa finalidade é homoxeneizar a sinalización interpretativa presente nos diferentes espazos verdes da cidade, así como especificar os requisitos e criterios que debe cumprir en materia de accesibilidade universal: física, cognitiva, sensorial e orgánica.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión