INFORMACIÓN XERAL
Operación: Recuperación, mellora e posta en valor de espazos naturais de interese local (LA2)
Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)
Orzamento: 22.385 €
Financiación FEDER: 80 %
Estado: Terminada
Contratista: Cimbra Contracts S.L.
Prazo execución: 3 meses
DESCRIPCIÓN
A Senda Atlántica comeza desde o mesmo centro da cidade, na zona do Parrote ata a praia do Portiño. Ao longo do seu percorrido altérnanse tramos urbanizados con outros naturais. Pola súa singularidade e relevancia, destacan os Espazos Naturais de Interese Local da Torre de Hércules e das Illas de San Pedro.
O obxecto deste proxecto é o deseño, confección, subministración e instalación de sinalización interpretativa no tramo desta senda litoral atlántica. Preténdese informar sobre estes espazos naturais protexidos, como se xestionan e os seus valores naturais.
Para alcanzar estes obxectivos utilizarase o Manual de sinalización interpretativa para os espazos verdes da Coruña . A súa finalidade é homoxeneizar a sinalización interpretativa presente nos diferentes espazos verdes da cidade, ademais de especificar os requisitos e criterios que deben cumprir en materia de accesibilidade universal: física, cognitiva, sensorial e orgánica.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Solicitude EDI
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
20 de febreiro de 2024
La Opinión
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible