“Miami 1990” é sorprendente! é un paseo por recordos que sinalaron o punto de partida da viaxe máis incrible de tres irmáns, a aventura de Café Quijano.
Para público en xeral
28/02/2026
20.30 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
Zona A: 48,00 €
Zona A1: 45,00 €
Zona B: 45,00 €
Zona C1: 40,00 €
Zona C2: 35,00 €
Cávea Producións
Cancións que seguen o ronsel, en forma e sonoridad, ás que marcaron unha época coa "Taberna do buda" (2001) e, posteriormente, á colección de historias contadas e cantadas no seu último álbum "Manhattan" (2021)
Este último traballo, "Miami 1990", é unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico non sen certos retrincos sonoros noventeros.
Novas curtametraxes convertidas en cancións que seguen sementando a dúbida sobre se eles son os protagonistas de semellantes historias. Como queira que sexa, gozar desta nova colección de temas que levados ao directo prometen facer aínda máis espectacular o seu extraordinario show.
Sen dúbida, Café Quijano ten un dos directos máis espectaculares e sorprendentes que se poden ver sobre un escenario.
Sinceramente, un show que non se esquece. Por mil razoes.
Asistir a un dos seus concertos é perder a noción do paso do tempo, literalmente. Os seus máis de dúas horas de auténtico espectáculo son unha viaxe trepidante a través de vinte e cinco anos de éxitos que seguen presentes en varias xeracións.
O espectáculo non está só no que cantan senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.
Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente colaborando con artistas da talla de .. Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina..
Non existe no panorama musical un grupo que fose capaz de alcanzar as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes: o pop rock e o bolero. En ambos os estilos conseguiron chegar ao N1 en vendas e ser recoñecidos cos máis prestixiosos premios e nomeamentos internacionais, incluído o "grammy americano", o "Grammy Award".
Coa súa maxistral triloxía "Orígenes: el bolero" foron o grupo con máis nomeamentos do mundo ao "Latin Grammy": "Gravación do Ano"; "Älbum do ano", "Mellor álbum de pop tradicional" e "Produtor do ano".
Esa mestura única do mellor dos dous xéneros convive no máxico e enérxico directo dos irmáns Quijano.
Merece a pena descubrir, e gozar, un concerto de .. Café Quijano
VENDA DE LOCALIDADES
Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

17/12/2025

18/12/2025

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible