Concello da Coruña

Concello da Coruña

ALUMNADA DE NOVO INGRESO - CURSO 2025-26:

DATAS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA (para todas as áreas):

Publicación de prazas dispoñibles: 19 de maio

Proceso de preinscrición: do 19 ao 23 de maio

Publicación da lista de persoas admitidas: 2 de xuño

Matrícula: do 2 ao 6 de xuño

Onde se publicarán as prazas dispoñibles? O próximo día 19 de maio ao comezo desta páxina web.

Como podo cubrir o formulario da preinscrición? Habilitarase nesta mesma páxina a través dunha ligazón, coas instrucións correspondentes.

Como saberei se estou admitido/a? A listaxe dos admitidos/as publicarase na páxina web da escola, respectando a lei de protección de datos. Con todo, enviarémosvos un correo electrónico a todos/as os/as solicitantes coa praza adxudicada e as instrucións necesarias para realizar a matrícula a quen conseguísedes praza, e a quen non, informándovos de que quedades nunha lista de espera.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

Música e Movemento:

Terán prioridade:

  • A. Os/as solicitantes empadroados/as no Concello da Coruña

  • B. Aquelas persoas que teñan un irmán ou unha irmá menor de 18 anos matriculado/a no centro.

  • C. No sorteo realizado o día 26 de marzo no centro, saíu a letra "X", que se terá en conta no primeiro apelido, e iranse adxudicando as prazas por orde alfabética.

Área Xeral:

Terán prioridade:

  • A. As/os solicitantes empadroadas/os no Concello da Coruña

  • B. Aquelas persoas que teñan un irmán ou unha irmá menor de 18 anos matriculado/a no centro.

  • C. As persoas solicitantes de menor idade.

HORARIOS E ESTRUTURA DAS CLASES:

Música e Movemento (para nenos/as de 4 a 7 anos)

Son dúas horas á semana e poderanse escoller dentro dos seguintes horarios: de luns a xoves das 16.30 ás 17.30 h, das 17.30 ás 18.30 h e das 18.30 ás 19.30 horas. (Importante: estes horarios son os xerais para esta área, pero para a preinscrición haberá que escoller entre os que aparezan publicados como dispoñibles o próximo día 19 de maio).

Área Xeral (de 8 anos en diante)

Consta de tres materias: instrumento, linguaxe musical (solfexo) e agrupación.

Deixámosvos por aquí os horarios da área xeral:

- Opción 1: (de luns a xoves)

  • Linguaxe: luns. Horas: 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h

  • Instrumento: martes ou mércores. Horas: 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h

  • Agrupación: xoves. Horas: 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 ou 20.30 h

- Opción 2: (só para os venres)

  • As tres materias (linguaxe, instrumento e agrupación) daranse o venres dende as 15.30 ás 19.30 horas.

Importante: estes horarios son os xerais para esta área, pero estarán suxeitos ás prazas publicadas o próximo 19 de maio. Soamente se publicarán os horarios dispoñibles na materia de instrumento, xa que as clases de linguaxe musical e agrupación non presentan ningún problema de ocupación; polo que, poderedes escoller entre os horarios xerais da opción 1 ou 2, dependendo de cada caso.

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión