Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "Regreso ao pasado: historia ignota"
Para público en xeral
02/03/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 2 de marzo ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a unha charla a cargo de Aurora Irene Paz Viruet, baixo o título "Encontros no fin do mundo: os navegantes do mediterráneo e a cultura "castrexa" na ruta atlántica do estaño"
Unha das máis fascinantes culturas da Idade do Ferro mediterránea é a fenicia-púnica: eses navegantes, comerciantes, exploradores na busca de novas rutas e aventureiros dos mares... A súa valentía á hora de lanzarse ao descoñecido quedou reflectida en varios periplos, un deles sobre un tal Hilmicón que buscaba as míticas "Illas Cassitérides" ou Illas do Estaño polo Atlántico norte. Autores clásicos como Estrabón, Avieno ou Plinio o Vello mencionaban a existencia deste lugar, unha ruta alternativa polo Oeste cara o escaso estaño, preciado metal necesario para a metalurxia do bronce. Pero, qué había de verdade nelo?, e, ónde poderían atoparse aquelas míticas Cassitérides? Cal podería ter sido aquel portus magnus artabrorum do que tamén falaban as fontes clásicas...?
Xa hai algunhas centurias que investigadores como José Cornide preguntábanse o mesmo. E, finalmente, a Arqueoloxía moderna puido probar a presenza dos antigos pobos mediterráneos do sur peninsular no noroeste xa dende finais da Idade do Bronce, séculos antes da conquista romana.
Nesta charla abordaremos as características culturais dos pobos fenicio-púnicos e a súa materialidade achada nos castros da nosa terra ata o momento (doas de colar, cerámicas "de prestixio" procedentes de Cádiz ou Ibiza...), nomeadamente no mundo ártabro do Castro de Elviña (A Coruña), e cómo estas dúas civilizacións e formas de entender o mundo se atoparon no I milenio a.C., unindo o Atlántico e o Mediterráneo, e desenvolvendo un proveitoso intercambio cultural cuias repercusións estamos empezando a comprender.
Acceso libre até completar capacidade.
Tamén che pode interesar
Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

30/01/2026

Dende o 16/02/2026 ata o 18/02/2026

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible