Aprende a relaxarte, soltar, sentir, respirar, vivir tranquila/o e durmir ben, con técnicas simples e sinxelas que se incorporan facilmente á vida cotiá.
Persoas adultas
04/07/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 12.00 a 13.30 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Tel.: 981 189 886
O sábado 4 de xullo ás 12.00 h a Biblioteca Municipal Ágora acolle a charla divulgativa "Que é a meditación, cales son os seus beneficios, como podo aprender a meditar?", un encontro guiado polo mestre de meditación Jorge Rodríguez.
Nesta charla dará a coñecer que é a meditación, as súas orixes e os seus beneficios desde o punto de vista físico e psicolóxico. Explicará os distintos tipos de meditación, como aprender a meditar e a posibilidade de aprender a relaxarse, respirar, soltar, sentir, focalizar a atención e ser consciente do presente e durmir ben.
Sobre Jorge Rodríguez
Jorge Rodríguez iniciouse na meditación hai máis de 15 anos. Durante aproximadamente 10 anos, con Juan Ramón Sánchez Couso, profesor de meditación e tai chi na Coruña. Tamén realizou cursos-retiro con Pedro Vidal, mestre zen e teólogo, mestre á súa vez de Pablo D'Ors. Asistiu a diferentes retiros en Barcelona, Navarra, Pontevedra, e obtivo o título de profesor de meditación pola Sociedade Española de Meditación.
Tamén che pode interesar
Sen resultados.

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN:
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible