Produción de Tresillo en colaboración co Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque
Para público en xeral
Dende o 02/10/2026 ata o 03/10/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Cristina Rivera Garza, adaptación teatral de Amaranta Osorio
Gañadora do Premio Pulitzer 2024, El invencible verano de Liliana da recoñecida escritora mexicana Cristina Rivera Garza, érguese como un testemuño luminoso e conmovedor que transforma a dor nun acto de amor, memoria e xustiza. É unha historia profundamente íntima que, con todo, nos interpela a todos.
Rivera Garza entrelaza o testemuño persoal, á investigación documental e á forza da literatura para render homenaxe á súa irmá Liliana, unha nova vítima de feminicidio en 1990. A súa historia -marcada pola violencia estrutural dun sistema que aínda persiste- é tamén a de miles de mulleres silenciadas no mundo. Non é só un exercicio de duelo, senón un acto político de recuperación da palabra, da dignidade e da xustiza. Abre un espazo para a memoria colectiva desde a tenrura, a lucidez e a coraxe.
Elenco: Cecilia Suárez
Dirección: Juan Carlos Fisher
Escenografía e iluminación: Ingrid SAC
Videoescena: Emilio Valenzuela
Composición orixinal e deseño de espazo sonoro: Alex Aller
Estilismo: Blancopop
Deseño e realización de vestiario: Maison Mesa
Asistente de dirección: Rómulo Assereto
Distribución: Fran Ávila
Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
09 DE SETEMBRO DE 2026
FELICES VACACIÓNS!
HORARIO DE VERÁN DA EMMC:
XULLO DAS 08.00 ÁS 15.00
AGOSTO PECHADA

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN:
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible