“Luís Seoane. Loita antifascista a punta de lapis”, unha exposición sobre o álbum das “13 estampas da traizón” de Luís Seoane e conferencia de Pepe Barro.
Para público en xeral
Dende o 13/07/2026 ata o 18/07/2026
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
agra@galizacultura.gal
A Asociación veciñal Agra expón as táboas sobre as que reproduciu o álbum de Luís Seoane "13 estampas de la traición", coa colaboración da Fundación Luís Seoane e unha axuda económica da Deputación da Coruña.
Partícipe do movemento memorialista, a asociación Agra organiza esta mostra para alentar a conciencia e memoria democrática. Hai 90 anos do golpe de estado de 1936. Os sublevados fracasaron no seu intento de dominar todo o estado, mais en vez de renunciar ao seu asalto violento optaron por levar a cabo unha guerra que coa axuda dos exércitos de Hitler e Mussolini terminou coa construción dunha ditadura fascista que durante case catro décadas foi responsable de terribles violacións de dereitos humanos.
As secuelas daquel réxime terrible inda campan na actualidade: hai milleiros de persoas desaparecidas pola violencia dos fascistas, miles de propiedades que non regresaron aos donos/as lexítimos/as e monumentos e viarios que celebran a victoria dos tres exércitos fascistas e enaltecen quen participaron do golpe ou se beneficiaron del e da falta de liberdades. En tempos en que a democracia e as liberdades están ameazadas pola sombra renovada do fascismo é especialmente importante mostrar públicamente o rexeitamento a formas de intolerancia e reafirmar o compromiso coas diversidades políticas e rexeitar firmemente os intentos por restrinxir dereitos fundamentais.
Trece estampas de la traiciónFoi o primeiro álbum de debuxos de Luís Seoane; foi editado en 1937, cando Seoane tiña 27 anos, meses despois de que comezase o seu exilio en Bos Aires, a cidade que o vira nacer. Este álbum formou parte das diversas publicacións que integraron a campaña de propaganda no exterior levadas a cabo polo goberno español.
"Nos trece debuxos que compoñen o álbum, catorce incluíndo a portada, Seoane pon de manifesto a inmoralidade do conflicto e os horrores da represión fascista, sinalando aos seus principais responsables, con Franco á cabeza, e denunciando os sufrimentos e as inxustizas infrinxidas á poboación civil." (parágrafo recollido na web da Fundacón Luís Seoane: https://fundacionluisseoane.gal/.../trece-estampas-de-la.../)
Conferencia de Pepe Barro o xoves 16 de xullo ás 19 h na aula 9.
A exposición compleméntase coa conferencia Xestualidade e dramatismo das "13 estampas da traizón" de Xosé María Pérez Barro, deseñador, ilustrador e escritor galego coñecido como Pepe Barro.
Exposición e conferencia, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
09 DE SETEMBRO DE 2026
FELICES VACACIÓNS!
HORARIO DE VERÁN DA EMMC:
XULLO DAS 08.00 ÁS 15.00
AGOSTO PECHADA

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN:
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible