Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Percorrido polo poemario "As alas da Serpe" de Sol Mariño

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/02/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 23 de febreiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos un percorrido polo poemario de "As alas da Serpe" de Sol Mariño, publicado por Aira Editorial.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

SINOPSE:

As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica.

SOL MARIÑO:

Sol Mariño nace en 1986. Pasa a súa infancia entre a Terra de Soneira e A Coruña, onde fai os estudos secundarios e comeza a facer teatro. En Barcelona estuda comunicación audiovisual e fotografía, e vincula a súa poesía co teatro no grupo Humanfuzz, co que representa o monólogo Xeada, parte do cal aparece neste poemario.

En 2008 publica fotografías acompañando o poemario "Baixo o sol de Mesina" de Lino Braxe, seu mestre de teatro na adolescencia e con quen continuou colaborando en obras como no "O Paseo das Esfinxes" en 2018.

En 2009 viaxa a Arxentina, e pasará os seguintes oito anos viaxando, idas e voltas en bicicleta e autoestop, entre Arxentina e o Brasil, onde vende seus poemas e fotografías por mercados e rúas, e traballa como estatua viva na rúa. 

Alí escribirá gran parte de As alas da serpe. Aprende serigrafía, comeza a debuxar e establece un forte vínculo coa Capoeira Angola.

Actualmente vive no barrio da Gaiteira e adícase á serigrafía téxtil, a fotografía e a pintura mural.

Este é o seu primeiro poemario.

Acceso libre até completar capacidade.

Curso 2025-26

Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión