Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)
Contido:
Nesta área a voz será o instrumento principal. Fomentarase a improvisación e o desenvolvemento auditivo coa práctica instrumental, en xilófonos e metalófonos cromáticos.
Horarios:
As clases terán unha hora de duración, e serán dous días á semana en horario de 16.30 a 19.30 horas.
Práctica instrumental:
O alumnado de música e movemento que cursase un ano desta área e que teña 6 anos poderá acceder a unha hora semanal de práctica instrumental, só naqueles instrumentos nos que existan vacantes.
Coro Infantil gratuíto:
O alumnado matriculado na escola e a partir dos 6 anos de idade, poderá acceder ao Coro Infantil, que será os venres de 17.30 a 18.30 horas, de forma gratuíta.
Matrícula:
Só a poderá realizar o alumnado que cumpra 4 anos antes do 31 de decembro de 2020.
ÁREA XERAL (a partir de 8 anos): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna
Contido:
Instrumento: estudaranse as técnicas específicas do instrumento, lectura e interpretación, tansposición etc. Estes coñecementos serán necesarios para participar nas agrupacións.
Agrupación: consiste na interpretación de diferentes estilos musicais e a súa didáctica, céntrase na análise e nas técnicas de improvisación rítmica, melódica, harmónica etc.
Linguaxe: basearase en lectura, escritura, entoación, ritmo, harmonía, improvisación etc. Unha vez que finalicen estes con éxito, poderase cursar Harmonía, Dirección ou Arranxo e Composición.
Instrumentos:
Acordeón, Canto, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional (só venres), Batería, Trombón Trompeta, Guitarra, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo.
Horarios:
Consta de tres horas semanais:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible