Concello da Coruña

Concello da Coruña

ALUMNOS DE NOVO INGRESO - CURSO 2026-27:

DATAS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA (para todas as áreas):

Publicación prazas dispoñibles: 18 de maio

Proceso de preinscrición: do 18 ao 22 de maio

Publicación listaxe de persoas admitidas: 2 de xuño

Matrícula: do 1 ao 5 de xuño

Onde se publicarán as prazas dispoñibles? O próximo día 18 de maio ao comezo desta páxina web.

Como podo cubrir o formulario da preinscrición? Habilitarase nesta mesma páxina a través dunha ligazón, coas instrucións correspondentes.

Como saberei se estou admitido/a? A listaxe dos admitidos/as publicarase na páxina web da escola, respectando a lei de protección de datos. Con todo, enviarémosvos un correo electrónico a todos/as os/as solicitantes, coa praza adxudicada e as instrucións necesarias para realizar a matrícula aos que conseguísedes praza, e aos que non, informándovos de que quedades nunha listaxe de agarda.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

Música e Movemento:

Terán prioridade:

  • A. Os solicitantes empadroados no Concello da Coruña.

  • B. Aqueles que teñan un irmán menor de 18 anos matriculado no Centro.

  • C. No sorteo realizado o día 26 de marzo no centro, saíu a letra "D". que se terá en conta no primeiro apelido, e iranse adxudicando as prazas por orde alfabética.

Área Xeral:

Terán prioridade:

  • A. Os solicitantes empadroados no Concello da Coruña.

  • B. Aqueles que teñan un irmán menor de 18 anos matriculado no Centro.

  • C. Os solicitantes de menor idade.

HORARIOS E ESTRUTURA DAS CLASES:

Música e Movemento (para nenos/as de 4 a 7 anos)

Son dúas horas á semana e poderanse escoller dentro dos seguintes horarios: de luns a xoves de 16.30 a 17.30, de 17.30 a 18.30 e de 18.30 a 19.30 horas.(Importante: estes horarios son os xerais para esta área, pero para a preinscrición haberá que escoller entre os que aparezan publicados como dispoñibles o próximo día 18 de maio)

Área Xeral (de 8 anos en diante)

Consta de tres materias: instrumento, linguaxe musical (solfexo) e agrupación.

Deixámosvos por aquí a horarios da área xeral:

- Opción 1: (de luns a xoves)

  • Linguaxe: luns. Horas 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h.

  • Instrumento: martes ou mércores. Horas 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h.

  • Agrupación: xoves. Horas: 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 ou 20.30 h.

- Opción 2: (só para os venres)

  • As tres materias (linguaxe, instrumento e agrupación), daranse o venres desde as 15.30 ata 19.30 horas.

Importante: Estes horarios son os xerais para esta área, pero estarán suxeitos ás prazas publicadas o próximo 18 de maio. Só se publicarán os horarios dispoñibles na materia de instrumento, xa que as clases de linguaxe musical e agrupación non adoitan presentar problemas de ocupación; polo que poderedes escoller entre os horarios xerais da opción 1 ó 2, dependendo de cada caso. Con todo, o horario elixido, tanto en linguaxe musical como en agrupación, pode estar suxeito a variacións dependendo da demanda e das necesidades organizativas do centro.

Comezo do curso

09 DE SETEMBRO DE 2026

FELICES VACACIÓNS!

HORARIO DE VERÁN DA EMMC:

XULLO DAS 08.00 ÁS 15.00

AGOSTO PECHADA

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN:

Horario

APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas

LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión