Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xestión

A Escola Municipal de Música créase en sesión plenaria do Excmo. Concello da Coruña con data de 20 de abril de 1998. Xorde ao amparo da Orde do 11 de marzo de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola cal se regulan as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

A xestión do centro adxudícase ao Consorcio para a Promoción da Música, por acordo da Comisión de Goberno de data 16 de xullo de 1998, como resultado do concurso público convocado a este efecto.

A Escola foi inaugurada o 22 de novembro de 1998 polo Excmo. Sr. Alcalde da Coruña, Sr. D. Francisco Vázquez, iniciando nese momento a súa actividade académica.

A modalidade de xestión elixida polo Concello foi a de concerto para a xestión dun servizo público, que resulta ideal para este tipo de centro debido principalmente a dúas cuestións:

  • Dota ao centro da necesaria independencia organizativa que permite unha xestión rápida, eficaz e acorde ás necesidades.
  • Proporciona unha tutela permanente do Concello sobre a Escola, ao adxudicarse a súa xestión a unha institución de elevada participación municipal, o Consorcio para a Promoción da Música. Este organismo autónomo municipal xestiona ademais a Orquestra Sinfónica de Galicia, así como o Festival Mozart, o Festival Lírico, a Escola de Práctica Orquestral, os Coros da Sinfónica, etc.

Dirección: Rúa Riazor, portal 8, 1º. 15011, A Coruña, A Coruña.

Web: Orquestra Sinfónica de Galicia

Teléfono: 981 252 021

Fax: 981 277 499

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión