Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2026

A Coruña premiará o espírito emprendedor do alumnado de FP e ensino especial na Feira de Ideas do vindeiro martes 24, no Fórum Metropolitano

O Concello organiza esta xornada de difusión ao abeiro do programa municipal Inicia, en colaboración con Espazocoop. A entrega de premios aos proxectos gañadores terá lugar pola tarde

O Fórum Metropolitano acollerá o vindeiro martes 24 a Feira de Ideas do programa Inicia, unha iniciativa coa que o Concello, en colaboración con Espazocoop, busca fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional (FP) e ensino especial na cidade da Coruña.

Desde o inicio do curso 2025-26, alumnas e alumnos do IES Rosalía Mera, CPR Nebrija - Torre de Hércules, CPR Afundación, CPR Plurilingüe Grande Obra de Atocha, EASD Pablo Picasso e CIFP Imaxe e Son participaron en sesións formativas previas á presentación dos seus respectivos proxectos empresariais.

En febreiro, o comité de selección valorou as propostas presentadas e 15 pasaron á fase final, a Feira de Ideas que terá lugar no Fórum (martes 24, das 10.00 ás 14.30 horas), na que se lles exporán as ideas de negocio ás persoas asistentes, a través de maquetas, folletos e degustacións, en función do proxecto en cuestión.

A alcaldesa, Inés Rey, convidou a cidadanía a visitar a Feira de Ideas, "que contribúe a pór en valor o talento, enxeño e iniciativa das novas xeracións a través de múltiples especialidades e sectores".

A xornada, que arrincará pola mañá coa exposición dos proxectos, irá acompañada dunha sesión de tarde (das 16.00 ás 18.00 horas) no auditorio do Fórum Metropolitano, na que varias persoas emprendedoras lles transmitirán as súas experiencias persoais e profesionais: Vanina Cabrera (SerHogarSystem, de servizos domésticos e axuda a domicilio), Miguel de la Calle (Chorima Cosmética Atlántica, de produtos cosméticos) e Patane García (Espazocoop, orientado ao emprendemento cooperativo).

Será a antesala da entrega de premios aos tres proxectos gañadores desta XVIII edición do programa Inicia, coa que o Goberno local busca impulsar iniciativas empresariais e emprendedoras, visibilizándoas e abrindo un camiño á súa consolidación.

Neste sentido, haberá premios en metálico para as e os gañadores:

  • 1º Premio: 300 € para cada integrante

  • 2º Premio: 200 € para cada integrante

  • 3º Premio: 150 € para cada integrante

  • A profesora ou profesor do proxector gañador: 300 €

  • O centro educativo máis implicado: 300 €

Curso 2025-26

Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión