Unha homenaxe ás historias da emigración das mulleres galegas
Para público en xeral
Dende o 11/03/2026 ata o 03/05/2026
De luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h
Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña
Xardíns de Méndez Núñez, 3, baixo
15006 A Coruña
Tel.: 981 189 898
kioscoalfonso@coruna.gal
Emigrantas: emerxer do silencio propón un percorrido a través de arquivos históricos, fotografías, instalacións artísticas, materiais audiovisuais, cartas, obxectos persoais e testemuños gravados, que permiten reconstruír as múltiples formas de partir, traballar, crear, resistir e retornar das galegas que viviron a emigración. A exposición detense nas experiencias cotiás e colectivas: o traballo, a aprendizaxe, a organización social, os coidados, a escritura e a transmisión da memoria. Ao tempo, poñen en valor o labor das investigadoras, historiadoras e creadoras que fixeron posible recuperar estas voces, revisando arquivos, listas de pasaxeiras e percorrendo vilas e territorios de todo o mundo na procura dos relatos das emigradas.
O resultado é un diálogo entre patrimonio documental e creación contemporánea, que convida a mirar con atención e a interrogar os silencios herdados, que constrúe unha memoria compartida que contribúe a comprender mellor o presente.
A mostra poderase visitar no Quiosco Afonso, no seu horario habitual, con entrada gratuíta ata o 3 de maio.
ACTIVIDADES DE CLAUSURA
Obradoiro familiar: cartografía téxtil para as emigrantas
Obradoiro participativo dirixido a familias, no que, a través do traballo con tea e técnicas sinxelas de colaxe téxtil inspiradas nas pezas de Carmen Arias de Castro, "Mimina", se construirá un mapa colectivo de historias reais de emigración vinculadas ás experiencias familiares e afectivas das persoas participantes. A actividade aborda a emigración como experiencia vital, interxeneracional e emocional, e fomenta a creación colectiva e a transmisión da memoria.
Visitas guiadas á exposición
As visitas guiadas ofrecen un percorrido comentado pola exposición, en que se contextualizarán as pezas e os discursos expositivos sobre os procesos migratorios, con especial atención ás experiencias das mulleres emigrantes.
Presentación da revista EMIGRANTAS: EMERXER DO SILENCIO
Presentación pública da revista editada con motivo da exposición EMIGRANTAS: EMERXER DO SILENCIO, concibida como soporte editorial complementario da mostra. A publicación amplía e contextualiza os contidos expositivos, ofrece lectura especializada e funciona como memoria documental do proxecto e constitúe un material esencial para o labor divulgativo e educativo asociado á exposición.
A revista recompila historias, testemuños e información biográfica de diferentes "emigrantas" e permite profundar nas experiencias da emigración feminina e pór en valor as súas traxectorias e memorias.
ALUMNADO INTERNO
MATRÍCULA INTERNA: 1 de maio ao 8 de maio
ALUMNADO EXTERNO
PRAZAS DISPOÑIBLES: 18 de maio
PREINSCRICIÓN: 18 de maio ao 22 de maio
LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS: 1 de xuño
MATRÍCULA: 1 de xuño ao 6 de xuño

01/05/2026

06/05/2026

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
Teléfono: 981 226 752
Correos electrónicos:
Enderezo: direccionem@coruna.gal
Xefa de estudos: jefaturaem@coruna.gal
Administración: administracion@emmcoruna.com
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible