O Palacio Municipal de María Pita acolle a mostra 'Escoitar o mar. Retrospectiva do artista Francisco Torrón', que repasa a carreira deste coruñés, que compaxinou a súa creación pictórica e escultórica coa de restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real de Madrid.
Para público en xeral
Dende o 27/01/2026 ata o 12/03/2026
Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
Entrada gratuíta
Escoita o mar. Retrospectiva do artista Francisco Torrón (9 MB)
Desde moi cedo, a vida do artista Francisco Torrón estivo condicionada por un feito decisivo: durante a súa nenez padeceu meninxite e, por causa do atraso na chegada dos tratamentos durante a Guerra Civil española (1936-1939) perdeu a audición de maneira irreversible. Neste escenario, a arte pasou a ocupar un lugar esencial e transformouse na súa vía de escape e na gran vocación que o acompañaría sempre.
Posteriormente, na década dos corenta, iniciou a súa formación pictórica coa artista galega Mª del Carme Corredoyra, continuando na Escola de Artes e Oficios Eusebio da Guarda da Coruña. Proseguiu en 1954 na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu con compañeiros/as como Xaime Quesada, Isabel Quintanilla ou Antonio López; e mestres como Luis Mosquera, os irmáns Zubiaurre, Eduardo Capa e Joaquín Valverde, entre outros. A súa aprendizaxe tivo lugar nunha España aínda marcada polo academicismo imposto da posguerra, aínda que co xurdimento de noticias correntes como o informalismo e o realismo madrileño nos anos cincuenta e sesenta, que influíron na súa obra e na doutros/as artistas.
Francisco Torrón compaxinou a pintura e a escultura co seu labor como restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real entre 1961 e 1997, onde fundou o departamento de restauración de escultura. O seu traballo valeulle importantes recoñecementos como a medalla da Unesco (1987) ou a do Mérito Civil (1994). Por outra banda, con máis de cincocentas obras catalogadas, parte delas en museos, igrexas e coleccións privadas, foi nomeado académico en 2007 pola Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña.
Catálogo da exposición Escoita o mar. Retrospectiva do artista Francisco Torrón
Para aquelas/vos que esteades interesadas/vos en estudar connosco/vos, podedes enviar un correo electrónico a jefaturaem@coruna.gal, indicando o voso nome, número de teléfono, data de nacemento e intrumento/s no que estades interesadas/vos (se tedes a idade para matricularvos en área xeral). Se queda algunha vacante nese instrumento poñeriámonos/poñeriámosnos en contacto convosco/vos.

13/02/2026

Dende o 16/02/2026 ata o 18/02/2026

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible