#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
23/03/2026
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 23 de marzo ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "El ring / O ring" de YolandaLópez , publicado por Ou lé Libros.
No acto, haberá coloquio e combate poético con Xoán Pedreira .
Organizado pola Av. Oza, A Gaiteira e Os Castros.
Acceso libre ata completar capacidade.
SINOPSE:
Composición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds gáñanse en versos ousados, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor, a corda, a luva, ata desembocar na caída, o muro, o animal de tiro, o punto de fuga. Percíbese paralelismo entre boxeo e xadrez para salientar a loita contra un mesmo e a soidade ata chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor, o que leva á arte de vencer, o xaque mate á morte e á tristeza.
Poesía de identidade, de loita, vangardista, rompedora, na que predomina un estilo expresionista, surrealista, onírico, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao final da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.
Yolanda López é funcionaria de carreira na Administración de Xustiza (xestora xudicial). Licenciada en Filoloxía inglesa, DEA en literatura norteamericana sureña, técnica superior en turismo, tradutora de libros e artista plástica, dedicouse á docencia a nivel medio e universitario. Realizou a tesina e o doutoramento sobre a identidade individual e colectiva na obra da escritora Eudora Welty. Foi investigadora en diversas universidades estatais (Santiago de Compostela, A Coruña, Castela-A Mancha), na Universidade de Virginia e no Departamento de Arquivos Históricos de Mississippi (Estados Unidos), na Universidade de Birmingham (Reino Unido), así como no Centro Ramón Piñeiro de Galicia colaborando con diferentes relatorios e artigos de ensaio. É autora de dez poemarios individuais e dous plaquettes. Recibiu case trinta premios e recoñecementos nacionais e internacionais. Publicou relatos e artigos de opinión en xornais, libros colectivos e revistas literarias. Formou parte dos recitais de Poesía Nova da Comunidad de Madrid e dos grupos literarios Bilbao e Poekas. Actualmente participa nos faladoiros literarios Poetas Diversos e Poetas Nómades da Coruña. Participou en recitais benéficos, en homenaxes a intelectuais, e en espectáculos de videopoesía, pintura, fotografía, música e danza. Impartiu cursos literarios e foi xurado de certames.
Publica con Olé Libros o poemario El ring / O ring en 2025 na colección Ites de poesía.
Tamén che pode interesar
ALUMNADO INTERNO
MATRÍCULA INTERNA: 1 de maio ao 8 de maio
ALUMNADO EXTERNO
PRAZAS DISPOÑIBLES: 18 de maio
PREINSCRICIÓN: 18 de maio ao 22 de maio
LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS: 1 de xuño
MATRÍCULA: 1 de xuño ao 6 de xuño

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible