Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro “Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega” de Manuel Gago

Presentación do novo libro de Manuel Gago no Auditorio do Fórum Metropolitano

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/04/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O mércores 29 de abril ás 19 h. no Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega" de Manuel Gago, publicado por Morgante Edicións.

Acceso libre até completar capacidade.

SINOPSE:

Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías... ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.

A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.

Manuel Gago:

Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é xornalista, director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, profesor na facultade de Ciencias da Comunicación. É autor de ensaios como Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XX, libros de relatos como Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallacia, novelas como O anxo negro, O exército de fume e Nus (Xerais), e comisario de exposicións como Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura (2016), Galicia un relato no mundo (2019) ou o proxecto de sete exposicións Cidades no tempo (2023).

MATRÍCULA

ALUMNADO INTERNO

MATRÍCULA INTERNA: 1 de maio ao 8 de maio

ALUMNADO EXTERNO

PRAZAS DISPOÑIBLES: 18 de maio

PREINSCRICIÓN: 18 de maio ao 22 de maio

LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS: 1 de xuño

MATRÍCULA: 1 de xuño ao 6 de xuño

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas

LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión